Tempo  3 horas 11 minutos

Coordenadas 1050

Fecha de subida 5 de febrero de 2017

Fecha de realización febrero 2017

-
-
688 m
322 m
0
2,8
5,7
11,33 km

Vista 925 veces, descargada 9 veces

preto de Ponte Caldelas, Galicia (España)

A ruta comeza en Ponte Caldelas, recorrendo o paseo que remonta o río Verdugo.
Antes de chegar á praia fluvial desviámonos á esquerda por un camiño ascendente que a 100m atravesa a estrada e continúa entre casas.
Pouco despois deixamos atrás as casas e seguimos un camiño pola ladeira do monte.
Uns metros máis adiante atopamos un cruceiro entre a maleza, á esquerda, e seguindo esa dirección baixamos a un prado por un camiño que logo cruza os requeiros de Porta Muíño e de Roriz. O camiño non é doado, despois do temporal dos últimos días hai unha árbore caída, ramas no chan e ten zonas encharcadas, e cómpre atravesar algunha valla.
Despois doutro cruceiro chegamos a unha intersección, e enseguida chegamos a Laxoso de Arriba. Seguindo a pista marcada á esquerda ascendemos de novo, deixando atrás un depósito de auga e achegándonos ao cume.
Continuamos collendo distintas bifurcacións, á esquerda, á dereita, sempre en sentido ascendente.
No punto central e máis alto da ruta está o mirador, desde o que se contemplan unhas fermosas vistas, con Ponte Caldelas abaixo no val, e ao lonxe a boca das rías de Pontevedra e Vigo.
O camiño de descenso é relativamente doado de seguir, ancho entre bosques de eucaliptos e piñeiros, atravesando algunha valla, pasando a carón do petroglifo Pedra do Cervo.
Pasado o km 8, a ruta trascurre por unha estrada asfaltada que pasa xunto a Capela do Sagrado Corazón de Xesús, á que se ascende ao longo dun viacrucis de 14 cruces de pedra. Voltando xa a Ponte Caldelas pasamos pola Igrexa de Santa María e á Igrexa Parroquial de Santa Eulalia. Esta última conta aínda na súa fachada principal cunha placa dos "caídos por Dios y por España" na Guerra Civil...
Seguindo o camiño de volta deixamos a un lado o cemiterio e adentrámonos xa en zona urbana, pasando polo centro de saúde e o concello de Ponte Caldelas ata chegar ao punto de partida.

Ver más external

Río Verdugo
Vistas
Cruceiro
Camiño
Cruceiro
Depósito
Ponte Caldelas?
Chegando ao cume
Fonte
Miradoiro de Castrelada
Miradoiro de Castrelada
Miradoiro de Castrelada
Pedra do Cervo
Ermida do Sagrado Corazón
Ermida do Sagrado Corazón
Fonte
Igrexa de Santa Eulalia
Concello de Ponte Caldelas
Fonte

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta