Tiempo en movimiento  2 horas 21 minutos

Tempo  4 horas 23 minutos

Coordenadas 2087

Fecha de subida 11 de febrero de 2018

Fecha de realización febrero 2018

-
-
860 m
276 m
0
3,1
6,3
12,54 km

Vista 97 veces, descargada 6 veces

preto de Güin, Galicia (España)

Ruta circular, con saída xunto da capela da Ascensión en Ponte Liñares. Fermoso percorrido polo medio de carballeiras, mediante congostras e camiños recuperados para o "Camiño Natural Vía Nova" ou para outros roteiros. Atravésase varias aldeas de boa factura aínda que (mal endémico) tristemente despoboadas. Podemos ver muiños, cabaceiros, cruceiros, fornos... Chama a atención a grandura da mor parte das vivendas, testemuña dun pasado de boa situación económica.
Os camiños están ben transitables. O percorrido foi feito seguindo a ruta: https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/roteiro-cultural-monumenta-congostro-a-via-nova-e-o-castro-de-san-miguel-13596831
As dúbidas que se observan son consecuencia de desacordos entre ese track e a realidade. No caso de observar picos de ida e volta, debe prescindirse de seguilos.
Este paseo pode facerse en todo tipo de tempo, pois ten sombra abondo para días solleiros e mesmo certo abrigo para días de choiva, como resultou ser o actual. De estar o día bo, completaríase cunha visita ao Alto do Castelo para ver os restos da Torre do Celme e as vistas sobre os arredores.
Hai varias fontes nas aldeas e en Congostro e Ponte Liñares existen tamén bares.
Unha póla esgazou, pero pemite o paso sen problema.
Aquí conflúe a ida coa volta. Tomar pola dereita.
Castiñeiro quen sabe cantas veces centenario, que resiste a morrer.
Aldea moi despoboada.
Pontella máis decorativa que precisa. Un gastamento de cartos...
Pasal e muíño entrando en San Miguel
Aira de cabaceiros, bastante arruinados, nesta aldea despoboada.
Vista dende abaixo da zona do castro de San Miguel.
Forno rehabilitado pero sen mostras de ter sido usado... Perigo de ruina!
Igrexa e casa grande. Poidera pensarse que é a rectoral, pero non o é.
Muiño con aspecto de poder funcionar aínda... con algo de atención.
Auga, mesas, xogos infantís... no medio do monte. Sen aspecto de ser moi utilizado. Dende aquí pode continuarse cara o Castelo, restos da Torre do Celme.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta