Coordenadas 3015

Fecha de subida 27 de abril de 2018

Fecha de realización abril 2018

-
-
390 m
36 m
0
5,5
11
21,9 km

Vista 416 veces, descargada 18 veces

preto de Cotobade, Galicia (España)

Este xoves volvemos a Ponteareas para facer unha nova ruta, non moi distinta a que fixemos outras veces.
Esta vez o inicio da ruta facémolo pegados ao río Tea, na senda do mesmo. Enfronte atópase o lugar de A Pontacóns, á outra marxe do río, antigamente existía unha ponte para poder cruzar, comunicando as parroquias de Pías e Padróns.

Ao pouco bordeamos o rego Mendres e comezamos un pequeno traxecto polo medio do monte, sen ningunha dificultade, que nos leva directamente ao sendeiro de río Tea ata chegar a Mondariz Balneario.

Agora toca subidas, algunhas bastante pronunciadas, aínda que curtas. Pasamos pola Ermida de Santa Tegra. Aquí o monte está totalmente queimado, atopando algúns madeireiros cortando e recollendo os piñeiros e tamén eucaliptos calcinados.

Continuamos camiñando polo monte ata chegar a Ponteareas, onde no Bar Vide repoñemos forzas con un exquisito bacallau ao forno.

Pola tarde recorremos o que nos queda ata o inicio pola beira do río Tea, pola súa senda.

Apenas ten asfalto, agás o que atopamos no recorrido feito por Ponteareas. Unha gran parte do percorrido faise pola senda do río, o resto camiños forestais e algún anaco improvisado polo medio do monte.

Tempo en movemento 5 horas 30 minutos con unha media de 4 quilómetros hora.
Waypoint

Antigo lavadoiro

Waypoint

Bar Vide

Waypoint

CONTINUAR

Waypoint

Convento franciscano

Waypoint

Cruceiro en Chan da Gándara

Waypoint

Ermida Santa Tegra

Waypoint

Fábrica da Lus

Waypoint

indicadoiros senda do Tea

Waypoint

INICIO track

Waypoint

Muíños en ruínas

Waypoint

O río Tea

Waypoint

Paneis informativos

Waypoint

Paneis informativos

Waypoint

Panel ruta da lamprea

Waypoint

Praia fluvial A Freixa no Tea

Waypoint

Rego de Mendres

Waypoint

Río Tea, rochas

Waypoint

Vista panorámica,

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta