-
-
164 m
64 m
0
3,8
7,6
15,25 km

Vista 2452 veces, descargada 3 veces

preto de Balongo, Galicia (España)

Domingo, 21 de setembro de 2014
Actividade de sendeirismo do Club Pena Tervinca Barco realizada no día da data.
Camiños de Cortegada: Iniciamos a ruta en Pontetrado, lugar no que o río Deva xa pensa en verter as súas augas ao Miño. Estamos nos límites do Concello de Cortegada e Pontedeva. O río Deva nace na "Serra do Leboreiro" nas abas de Penagache, Bangueses do Municipio de Verea. Posúe un percorrido aproximadamente duns vinte quilómetros; finalmente únese ao Miño e as súas augas van parar ao encoro de Frieira. Un símbolo da "raia seca". Crese este nome veña dun vocábulo celta, e quizais por iso non é raro encontralo en dous ríos galegos (Ourense e Pontevedra), en Cantabria e Asturias, en Gran Bretaña onde se encontra o Devon e en Francia o Devona. O significado en si do termo, é algo parecido a "sagrado", isto é, río Sagrado.
Camiñamos o último tramo do Deva, ata a súa desembocadura e continuamos por paraxes idílicas ata o balneario de Cortegada de Baños (na fonte lavamos as mans, en augas quentes, boas para enfermidades hepáticas, respiratorias, gastrointestinais e da pel. Continuamos noso camiñar pegados ao Miño, por paraxes únicas, vexetación exuberante nun máxico tobogán onde a auga e a vexetación autóctona foron os nosos compañeiros inseparables. Pasamos polo lugar da Barca, pobo abandonado, O Vao para rematar o percorrido en Meréns.
Dentro dos Camiños de Cortegada, hai varias posibilidades. Esta ruta, lineal, é representativa dos Camiños da Vila Termal de Cortegada. Algunhas partes do percorrido coinciden con andainas de referencia organizadas polo Concello, nalgunha das cales, participei.
Un percorrido doado, pensado para todos, de gran beleza paisaxista. Quince quilómetros para gozar, por camiños e sendeiros ben definidos, totalmente apto.
Especial agradecemento ao señor Alcalde de Cortegada. Grazas.
Paga a pena visitar Camiños de Cortegada. ¡ ¡ É necesario!!!!

Ver más external

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta