Descargar

Lonxitude

17,72 km

Desnivel positivo

572 m

Dificultade técnica

Moderado

Desnivel negativo

572 m

Altitud máxima

686 m

Trailrank

57 3

Altitud mínima

334 m

Tipo de ruta

Circular

Tempo

5 horas 50 minutos

Coordenadas

2954

Fecha de subida

3 de junio de 2020

Fecha de realización

mayo 2020
  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
Compartir
-
-
686 m
334 m
17,72 km

Vista 182 veces, descargada 3 veces

preto de Figueroa, Galicia (España)

Ruta pola parroquia de Cerdedo, no concello que antes tiña este mesmo nome e agora, tras a fusión co concello veciño, se denomina Cerdedo-Cotobade.

A meirande parte do traxecto coincide coa ruta Cabenca-Cavadosa, mais ao comezo, en lugar de dirixirnos de Cerdedo a Cabenca, percorremos antes de chegar a este lugar uns 3 km da senda Frei Martín Sarmiento, denominada así en lembranza do crego ilustrado estudoso do nosa idioma, que tiña casa familiar en Cerdedo.

Partimos da praza principal de Cerdedo, dedicada a Fernando García Leiro, cura de Cerdedo. Na praza están a reitoría e a igrexa de San Xoán Bautista (s. XVIII), diante de que hai un cruceiro. O conxunto desta praza é ben fermoso e capta a atención de calquera visitante que se achegue até aquí.

A un lado da praza, á esquerda ollando dende esta cara á estrada xeral, descende unha rúa en diagonal pola que baixamos cara á ponte de santo Antón por unha calzada empredrada de orixe medieval. A ponte románica une as beiras do río Castro pouco antes de que este verta as súas augas no río Lérez (pouco máis de cen metros máis abaixo, cara ao leste). Pouco despois da ponte están situados o cruceiro e a ermida de santo Antón (s. XVI). Dende aquí pódese acceder directamente a Cabanca, pero preferimos percorrer un bosque autóctono ben conservado a través do que nos diriximos ao pequeno lugar de Lourido, onde nos recibe un bonito hórreo e no que atopamos bastantes casas en estado ruinoso. Nun dos extremos da aldea érguese a capela de santa Catarina (s. XVIII).

Atravesando outro treito do bosque por corredoiras imos saír ao lugar da Revolta, na saída do cal atopamos un par de potentes carballos centenarios medio quilómetro máis adiante xa estamos no lugar de Cabenca. Aquí deixamos a senda Frei Martín Sarmiento e, ben perto da capela de san Salvador (s. XVI) vemos a primeira indicación do tramo 1 da ruta Cabenca-Cavadosa.

Sobre a senda Frei Martín Sarmiento, que imos retomar en parte cara ao final da nosa ruta, na zona de Meilide, hai algunha información na páxina web municipal: http://www.cerdedo-cotobade.gal/senda-frei-martin-sarmiento/. Nesta web figuran varias rutas interesantes deste concello, e malia a descrición non ser pormenorizada si que abonda para espertar a nosa curiosidade sobre as posibilidades para camiñar gozando destes lugares.

De Cabenca a Cavadosa temos a parte máis espectacular da ruta, realmente fermosa e que fai que pague de verdade a pena facer esta ruta. Camiñamos próximos ao río Seixo pero por unha zona un chisco máis alta. Entre o noso camiño e o río discorre unha longa levada. Pouco a pouco, a medida que avanzamos, vaise acurtando a distancia que nos separa do río e nalgunhas zonas, xa con muíños, podemos achegarnos até o río.

A ruta continúa mesmo á beira do río até unha pequena pontella, bo lugar para unha primeira parada (2 km dende Cabenca, case 5 dende o inicio da ruta). Dous quilómetros máis adiante está probabelmente o recuncho máis fermoso do día: o pozo Sangüento, ao que accedemos por un desvío á dereita do camiño cunha breve baixada duns cen metros. Ademais de ser un lugar precioso, se tedes un día de calor como o que nos cadrou a nós, é difícil resistirse a un baño, aínda que seguramente breve pola temperatura da auga, verdadeiramente refrescante.

De novo no camiño temos un pequeno miradoiro sobre o pozo que acabamos de deixar e seguimos perto do río até o lugar de Cavadosa, dous quilómetros máis adiante. O rego de Porto dos Bois atravesa esta pequena aldea antes de levar as augas ao río Seixo. Este rego baixa veloz entre penas e no tramo de río anterior a Cavadosa move as rodas de polo menos tres muíños, un dos cales foi utilizado tamén como ferraría e serradoiro. Un sinal na mesma aldea indícanos a existencia dunha fervenza a 325 metros, e aí fomos. Nun recanto privilexiado, á sombra e nun penedo á beiriña do río aproveitamos para dar boa conta dos bocadillos.

Cavadosa é o punto máis meridional da ruta, así que toca dirixirse xa de volta cara a Cabenca. É o denominado, e non sempre ben sinalizado, tramo 2 da ruta Cabenca-Cavadosa. Saímos de Cavadosa camiñando sobre o asfalto, pero medio quilómetro máis adiante xa collemos un desvío á man dereita que nos vai achegando, en ascensión continuada durante case dous quilómetros, á zona do monte Seixo poboada polos muíños eólicos (ao outro lado destes montes temos o Concello de Forcarei). Acadamos unha altitude próxima aos 700 metros e, a partir de aí, tras algunha baixada e subida suaves, imos descendendo continuamente. Aproximadamente no km 15 da ruta (12 dende Cabenca) deixamos a pista e o camiño descende de xeito moi pronunciado, atravesando unha fermosa carballeira.

Á saída da carballeira xa estamos no lugar de Meilide, coa capela dedicada á Nosa señora de Loreto (s. XVIII).

O camiño segue en descenso cara ao río e moi perto da capela, nas Raposeiras, sorpréndenos o Campo das Laudas, lugar de homenaxe á memoria histórica que temos que agradecer ao colectivo Capitán Gosende. Comparto convosco un post que dedican ao Campo das Laudas na súa páxina de Facebook: https://www.facebook.com/capitangosende/posts/campo-das-laudas-as-raposeiras-meilide-cerdedo-na-honra-dos-que-loitaron-contra-/1156687711097958/

Aquí volvemos coincidir coa senda Frei Martín Sarmiento, moi próximos ao Pazo de Raposeiras (seica casa familiar deste crego bieito). Nun chimpo xa estamos no río, agora río Sillar, que xa incorporou as augas do río Seixo. Cruzámolo por unha bonita pontella de pedra e dirixímonos de volta a Cabenca.

Regresamos a Cerdedo pola estrada para pasar ante a praia fluvial, onde o Sillar se une ao río Castro ou do Castro, e tras unha breve ascensión entramos en Cerdedo mesmo pola parte posterior da igrexa parroquial.
Ponte

Ponte medieval de santo Antón

Sitio relixioso

Capela de santo Antón

Árbol

Bosque

Waypoint

Lourido

Sitio relixioso

Capela de Santa Catarina

Árbol

Bosque

Waypoint

A Revolta

Árbol

Carballo centenario

Waypoint

Cabenca

Río

Levada e río Seixo

Waypoint

Muíño (río Seixo)

Río

Río Seixo

Ponte

Pontella

Pontella de pedra no río Seixo
Río

Pozo Sangüento

Poza no río Seixo
Foto

Miradoiro sobre o pozo

Miradoiro sobre o pozo Sangüento. Río Seixo
Waypoint

Cavadosa

Rego de Porto dos Bois. Cavadosa
Fervenza

Fervenza

Rego de Porto dos Bois. Cavadosa
Árbol

Carballeira

Carballeira próxima a Meilide. Cerdedo
Waypoint

Nosa Sra. de Loreto (Meilide) e Campo das Laudas (As Raposeiras)

Ponte

Ponte

Pone sobre o río Sillar
Praia

Praia fluvial de Cerdedo

Praia fluvial. Río Castro e río Sillar
Sitio relixioso

Igrexa de san Xoán Bautista. Cerdedo

1 comentario

  • Foto de ciriIII

    ciriIII 7 jun. 2020

    He realizado esta ruta  ver detalle

    👍40

Si quieres, puedes o esta ruta