Coordenadas 2209

Fecha de subida 23 de mayo de 2015

Fecha de realización mayo 2015

-
-
1.946 m
1.630 m
0
5,1
10
20,41 km

Vista 1250 veces, descargada 20 veces

preto de Balouta, Castilla y León (España)

Ruta que percorre unha boa parte dos Ancares galaico-leoneses e que, sen dúbida, paga a pena facer.

Comezamos en Porto de Ancares para sair primeiro cara a zona sur, coa ascensión ó Cuiña como principal reclamo inicial, o cal non desmerece o resto do macizo. É máis, para min non deixou de ser máis que un punto de paso encadrado na paisaxe espectacular na que nos atopabamos. Logo dun tramo, pasando Pena Venera (1.822 m), cume que non subimos pola escasa claridade dun camiño e non pelearnos co breixo, chegamos ó desvío cara o refuxio de Cuiña. Ata o refuxio o camiño non ten perda, pero unha vez pasado hai que guiarse polos fitos de pedra que hai que ir buscando coa mirada cada certos metros. Deste feito, chegamos a un camiño máis claro que chega á lagoa de Cuiña.

Logo de refrescarnos na lagoa (con restos de neve a finais de maio), voltamos cara atrás un cacho para ir dar ó camiño do cordal que deixamos nun comezo para baixar ó refuxio, so que o retomamos xa case na base do Cuiña. Logo diso, non queda máis que subir unha boa pendente ata o cume.

Pasado e disfrutado o teito dos Ancares (1.992 m) baixamos cara Penalonga coa idea de ve-la zona dende outro punto de vista. Aínda que máis baixo (1.870 m.) a subida é algo máis curta pero con máis pendente, polo que non hai que deixarse enganar pola cota do cume.

Despois de comer no cume, decidimos retoma-la marcha cara Porto de Ancares, so que en lugar de voltar polo camiño que sube ó Cuiña, damos un rodeo para evitar de novo as pendentes e imos dar ó camiño do cordal, que nos leva directamente ó Porto.

Xa pola tarde e cos folgos mermados, tomamos a segunda parte da ruta, a subida ó Miravalles (1.966 m.). Non ten perda ningunha, pero o camiño é algo máis complicado que o anterior, con máis saíntes e subebaixas e o último quilómetro de subida ó cume ten unha pendente bastante forte, cousa que xa se vai intuindo de lonxe ó ve-lo seu impresionante alzado.

Unha vez coroado, volta cara o Porto polo mesmo camiño cara un descanso merecido!
Cuiña
Lagoa do Cuiña
Peña Venera
Refuxio do Cuiña

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta