xalok79

Tempo  4 horas 45 minutos

Coordenadas 1406

Fecha de subida 13 de noviembre de 2013

Fecha de realización noviembre 2013

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
190 m
0 m
0
4,7
9,5
18,98 km

Vista 2880 veces, descargada 76 veces

preto de Corme-Porto, Galicia (España)

Roteiro circular

Esta ruta comunica Corme con Ponteceso por camiños que discorren pola ribeira e pola beiramar, a través dos que podemos descubrir interesantes mostras do patrimonio natural e cultural de Ponteceso e da Costa da Morte, como a enseada da Insua e a Pedra da Serpe.

Comezamos na praza da Ribeira de Corme, onde está ubicada a lonxa da vila. Pasaremos as praias de Arnela e Osmo, para despois de percorrer un camiño cunha variedade de setas importante, alcanzamos a Pedra da Serpe (2 kms aprox. dende Corme).

Desde aquí a ruta discorre polos cantís do monte da Facha, pasa por Gondomil e posteriormente o camiño segue pola beiramar ata a praia de Balarés (fermoso piñeiral na súa área recreativa para facer un descanso) e o seu antigo porto.

Unha vez no Monte Branco, cunhas fermosas vistas onde se poden ver as rías de Laxe e Corme, continúa o percorrido bordeando a enseada da Insua (un espazo natural con gran valor ecolóxico); posteriormente pasamos un dique de terra chamado o "malecón" do Couto e un paseo fluvial polas augas do río Anllóns que nos leva ata Ponteceso, en concreto finaliza na casa natal de Eduardo Pondal.

Na ida fixemos o PR-G 148 (cor violeta no mapa) e a volta o PR-G 148.1 (cor vermella). Persoalmente recomendar máis o camiño de ida.

Roteiro cunha orografía, excepto as subidas do monte da Facha e o Monte Branco, que fai bastante doado o seu percorrido.

Desde Corme pódese facer unha ruta alternativa de arredor de 3,5 km ata chegar á punta do Roncudo por un paseo
que, bordeando a costa, amosa un dos tramos máis fermosos e agrestes do litoral da
Costa da Morte. A punta do Roncudo é recoñecida pola gran calidade dos seus percebes.

Ver más external

Pedra da Serpe
Fundación Eduardo Pondal
Fervenza da Brixería

2 comentarios

  • carlinhos34 23-abr-2014

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Perfectamente indicada a día 23-04-2014
    Se va primero por la costa y se vuelve por el interior.
    Ruta muy bonita con areas recreativas por la costa.

  • Foto de xalok79

    xalok79 23-abr-2014

    Ruta bastante recomendable ;)

Si quieres, puedes o esta ruta