-
-
660 m
110 m
0
3,6
7,2
14,38 km

Vista 195 veces, descargada 6 veces

preto de As Miráns, Galicia (España)

A ruta

Esta ruta de sendeirismo comeza na aldea da Ermida, percorre o val, e sobe ata o monte da Muralla. Na Ermida poderemos visitar un conxunto de muíños de cubo e a capela de San Xoán.
O sendeiro ascende cara á Ferrería, cruzando o rego do Campo Treito en dúas ocasións. Este regato, xunto con outros que descenden dos montes veciños, forman o río Té, que desemboca na ría de Arousa.
Continuaremos por pistas de terra ata chegar ao desvío do Pozo Bastón. É moi recomendable achegarse a coñecer esta poza natural; trátase dun sendeiro de 700 metros que ten unha forte pendente.
Seguindo a ruta chegaremos a Campelo, onde iniciaremos o último tramo cara ao Pico da Muralla (679 m). Dende alí pódese divisar Santiago de Compostela, a ría de Noia, a Illa de Arousa, a península do Grove e varias vilas costeiras da ría de Arousa.
Ao descender do cumio chegaremos á Varela, dende onde continuaremos por camiños e pistas a media ladeira cara a Vilar. En Vilar poderemos ver varias graneiras (hórreos) aínda en uso. Dende aquí só nos queda continuar a baixada por pistas e camiños a media ladeira e rodeados de árbores.

Tempo estimado: 4 horas e 20 minutos

La ruta

Esta ruta de senderismo comienza en el pueblo de A Ermida, recorre el valle y sube hasta el monte A Muralla. En A Ermida podemos visitar un conjunto de molinos de cubo y la capilla de San Xoán.
El sendero asciende en dirección a A Ferrería, cruzando el regato de Campo Treito en dos ocasiones. Este riachuelo, junto con otros que descienden desde los montes vecinos, forman el río Té, que desemboca en la ría de Arousa.
Continuaremos por pistas de tierra hasta llegar al desvío que va a Pozo Bastón. Es muy recomendable acercarse a conocer esta poza natural; se trata de un sendero de 700 metros de fuerte pendiente.
Siguiendo la ruta llegaremos a Campelo, desde donde comenzaremos la subida hacia el Pico A Muralla (679 m). Desde el Pico A Muralla se puede divisar Santiago de Compostela, la ría de Noia, la ría de Arousa, la península de O Grove y varias villas costeras de la ría de Arousa.
Al descender de la cumbre llegaremos a Varela, desde donde continuaremos por caminos y pistas a media ladera en dirección a Vilar. En Vilar podremos ver varios hórreos (graneiras) todavía en uso. Desde este pueblo solo nos queda continuar la bajada por pistas y caminos a media ladera y rodeados de árboles.

Tiempo estimado: 4 horas y 20 minutos

Dificultade segundo M.I.D.E. / Dificultad según M.I.D.E. (Método de Información de Excursiones, sobre una escala de 1 a 5 )

Severidade do medio natural / Severidad del medio natural: 1
Dificultade de orientación no itinerario / Dificultad de orientación en el itinerario: 2
Dificultade no desprazamento / Dificultad en el desplazamiento: 2
Cantidade de esforzo necesario / Cantidad de esfuerzo necesario: 3

Para máis información sobre o M.I.D.E. recoméndase visitar a seguinte páxina web

Para más información sobre el M.I.D.E. se recomienda visitar la siguiente
página web

Podes consultar máis detalles sobre a ruta na nosa web / Puedes consultar más detalles sobre la ruta en nuestra web

Ver más external

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta