sechi
47 6 0
  • Foto de PR-G 169.- A Fonte Santa  - Fervenza das Hortas (Arzua)
  • Foto de PR-G 169.- A Fonte Santa  - Fervenza das Hortas (Arzua)
  • Foto de PR-G 169.- A Fonte Santa  - Fervenza das Hortas (Arzua)
  • Foto de PR-G 169.- A Fonte Santa  - Fervenza das Hortas (Arzua)
  • Foto de PR-G 169.- A Fonte Santa  - Fervenza das Hortas (Arzua)
  • Foto de PR-G 169.- A Fonte Santa  - Fervenza das Hortas (Arzua)

Tempo  4 horas 21 minutos

Coordenadas 1874

Fecha de subida 3 de abril de 2015

Fecha de realización abril 2015

-
-
443 m
256 m
0
5,0
9,9
19,85 km

Vista 2234 veces, descargada 51 veces

preto de Marojo, Galicia (España)

PRG - 169.- Fervenza das Hortas (Arzua)
Esta ruta acaba de homologarse (marzo/2015). Esta moi ben sinalizada e a pesar de parecer moi larga e moi doada de realizar.
Ten moita variedade (Capela da Fonte Santa e as suas augas mediciñais, beiras-rio, subidas (coto da Torrente), Encoro de Portodemouros, posibilidade de visita guiada ao Museo Vivente do mel e -por ultimo- a espectacularidade da Fervenza das Hortas)
Parte da Capela da Fonte Santa (chamada asi porque nesta paraxe hai augas mediciñais que conteñen xofre e que teñen propiedades para os males do aparato dixestivo e da pel)
Poden verse estas augas nuns sucos brancos sobre unhas pedras que estan na beira mesmo do rio, ao carón da ponte.
Camiñamos durante 2 Kms. a beira do rio Iso e unha vez chegamos a estrada de Pastoriza a Maroxo cruzamola e continuamos por unha pista co rio a nosa esquerda ata chegar a 1,5 Km. aprox. a unha subida moi pronunciada e chea de pedras (O Coto da Torrente) de tan so 160 mts. pero cun desnivel superior ao 30%, polo que deberemos afrontala con moita calma.
O esforzo da subida paga a pena. Ao final poderemos disfrutar dunhas vistas moi fermosas do val das terras de Pastoriza e, ao fondo, da Vila de Arzúa.
Continuamos durante un treito de aprox. 1 Km. para atravesar a estrada que vai a Maroxo (cando cruzamos a estrada podemos divisar -no alto- as casas desta aldea) e continuamos por unha pista durante aprox. 150 mts, desviandonos a dereita por uns carreiros entre pinos e carballeiras- para descender no seu final e atravesar un regato que conten unha pequena fonte natural (aproveitar para avituallarse de auga).
Tomamos a pista e chegamos novamente a beira do rio Iso, pola sua marxe dereita, ata chegar a estrada e xunto a ponte de Brandeso.
Atravesamos a estrada e tomamos un camiño -a esquerda- que nos conducirá ata os Muiños de Roque. Cruzamos o rio pola ponte de madeira e abandoamos a presencia do Iso que nos acompañou durante 7,6 Kms.
Quedannos 12,3 Kms para rematar. Acabaronse as subidas. A partir de agora todo son carreiros por terreos chans e camiños tradicionais moi doados de percorrer.
No Km. 10 atopamos as primeiras casas e continuamos ata chegar a desviación "da Illa" (cando o caudal do Encoro vai baixo podemos visitala e percorrela, ainda que non é moi recomendable porque esta adicada a couto de cazadores e a camiñata podería resultar perigosa). Esta desviación -ata a Illa- esta a 600 mts. do Km. 11 da ruta.
Proseguimos por camiños tradicionais que discurren entre casas ben rehabilitadas e grandes invernadoiros (esta é unha zona de gran riqueza horticola).
Ao chegar a parroquia de Viñós, atopamos Casa Lucas (un establecemento de turismo rural) na que os seus donos se prestan a colaborar sempre cos sendeiristas (podemos falar con eles e seguramente nos deixaran facer uso dos seus xardins con sombra, mesas e bancos para descansar).
Estamos a 7 Kms. do remate.
Camiñamos coa vista sempre posta no Encoro de Portodemouros que nos acompañará no noso percorrido durante 3 Kms. mais.
Adentramonos na parroquia de Tronceda e atravesamos un grupo de casas ben rehabilitadas, co típico encanto das aldeas rurais galegas, antes de achegarnos a beira mesma do Encoro.
Aqui o camiño percorre a beira das augas do Ulla e temos a oportunidade de contemplar dende moi preto a maxestuosidade e as excelentes vistas da enorme masa de auga, do tamén nomeado en tempos pasados polos paisanos da zona como "O Salto de Moncabril".
Chegamos a area de descanso proxima ao Encoro (as instalacións atopanse un tanto abadoadas pero a zona de lecer ten unhas vistas que merecen moito a pena).
Cruzamos a estrada de Arzúa-Vila de Cruces e continuamos a esquerda ata chegar ao Enredo do Abelleiro (Museo Vivente do Mel). Isidro e as suas fillas farannos unha visita guiada para aprender e ver "in situ" a actividade incesante das abellas nas colmeas, e explicarannos o proceso completo de colleita e envasado do mel.
Para reservar e programar esta visita hai que chamar con antelación ao tfno.: 981 50 80 72.
A 50 mts. do Museo tomamos un camiño a dereita (antes dunha ponte cos petriles de pedra) e ascendemos lixeiramente ata atravesar unhas leiras e volver a descender para conectar coa estrada do lugar das Hortas (aqui torcemos a dereita e continuamos durante 400 mts. pola mesma estrada ata chegar a desviación que nos leva a Fervenza das Hortas).
Dende a desviación temos 600 mts. `ata chegar ao final da ruta por unhas escaleiras de madeira e acceder ao pé mesmo das Fervenzas
O roteiro non decepciona. Despois de 19,9 Kms. poderemos comprobar que disfrutamos dunha paisaxe e vistas de gran beleza e variedade e cun final nas Fervenzas que é un autentico espectaculo de tranquilidade e fermosura.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta