-
-
113 m
-27 m
0
6,7
13
26,77 km

Vista 5088 veces, descargada 94 veces

preto de Areas, Galicia (España)

Este sendeiro levaba tempo desaconsellado pola Federación Galega de Montañismo por problemas de mantemento, agora ven de ser limpo e sinalizado de novo.
Consta de dous treitos ben diferenciados, o que vai a carón do Miño dende Tui a Caldelas e outro que volve dende aquí ao punto de saída en Tui polas parroquias do interior.
O interese do percorrido é tamén dispar, polo río discorre por carreiros con vizosa arboreda de loureiros, castiñeiros e carballos; é moi agradable de facer.
A parte de recorrido dende Caldelas a de Tui polos núcleos de poboación dispersos vai por pistas asfaltadas, mais con certo interese. Semella que son dous percorridos moi mal encolados: o do río por contornas naturais e o do interior por duro firme.
A nosa andaina comeza a carón da ponte internacional e pola beira do Miño pasamos polas instalacións de deportes náuticos, áreas de lecer e a igrexa de San Bertolomeu, onde coincide co Camiño Xacobeo. Seguimos por corredoiras ata acadar a fermosa ponte románica sobor do río Louro. Metémonos por detrás da estación depuradora de augas e chegamos a praia fluvial, e continua o bosque de ribeira. Atravesamos o río Rial e entramos en Caldelas de Tui onde tedes unha área de lecer e cun pequeno desvío podedes ver o seu balneario.
A partir de aquí o asfalto é case sempre o firme do noso camiño e logo de ver uns muíños no río Caselas pasamos por unha carballeira, un piñeiral e polo muíño restaurado de Fuchaco, no río Rial. En Baldráns vemos a igrexa de Santiago e o seguinte núcleo será Páramos. Continuamos para enlazar o noso percorrido co que fixemos na ida, a altura da estación depuradora de Guillarei. Dende aquí desandamos o noso camiño ata o punto de partida na ponte internacional de Tui.
03-DIC-11 17:38:54
03-DIC-11 17:38:54
03-DIC-11 17:10:52
06-DIC-11 15:57:08
06-DIC-11 16:17:04
06-DIC-11 14:15:01
06-DIC-11 15:07:52
06-DIC-11 17:00:44
03-DIC-11 16:59:10
06-DIC-11 12:47:57
03-DIC-11 17:09:28
06-DIC-11 17:49:31
03-DIC-11 16:19:30
06-DIC-11 14:06:53
06-DIC-11 16:48:29
06-DIC-11 16:39:07
06-DIC-11 15:28:12
06-DIC-11 13:21:58
06-DIC-11 11:59:55
03-DIC-11 17:03:10
06-DIC-11 13:34:56
06-DIC-11 15:29:20
03-DIC-11 16:38:37
06-DIC-11 16:37:26
03-DIC-11 17:46:15

1 comentario

  • Leugimordep1 28-may-2017

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Muito fácil e bonito

Si quieres, puedes o esta ruta