Descargar

Lonxitude

16,68 km

Desnivel positivo

866 m

Dificultade técnica

Moderado

Desnivel negativo

866 m

Altitud máxima

1.837 m

Trailrank

51

Altitud mínima

1.107 m

Tipo de ruta

Circular

Tiempo en movimiento

3 horas 36 minutos

Tempo

5 horas 58 minutos

Coordenadas

2919

Fecha de subida

20 de julio de 2021

Fecha de realización

julio 2021
Sé el primero en aplaudir
Compartir
-
-
1.837 m
1.107 m
16,68 km

Vista 70 veces, descargada 4 veces

preto de A Ponte, Galicia (España)

Esta é unha das rutas que non se debe deixar de facer polo menos unha vez na vida. Alta (+/-) montaña, vexetación bastante respectada, paisaxes extraordinarias, mostras importantes do glaciarismo, arquitectura rural... ten de todo!
Comeza na aldea da Ponte, no concello de Veiga, Ourense. Paga a pena gardar un tempiño para ver esta aldea de magníficas casas. Nunha delas (casa dos Baqueiros, ou dos Vaqueiros) hai unhas sorprendentes gravuras ao parecer procedentes doutra edificación (reutilizados). Non hai datos certos sobre a súa orixe e significado. Chama tamén a atención os fornos situados nos muros exteriores ou nos corredores.
O percorrido é circular, cun pequeno treito común no comezo. Considero que é mellor facelo no sentido antihorario porque a subida é máis pouco a pouco e ademais vanse descubrindo paulatinamente distintos elementos interesantes. Toda ela está transitable; limpa (menos un pequeno anaco entre a lagoa da Serpe e O Fial, con monte baixo e un carroucho ben marcado) e sinalizada. Hai algún poste caído, probablemente por rañarse o gando neles. Non ten perda.
Comeza por camiños veciñais e pistas, por medio de touzas e fraga mixta. Aproximadamente no quilómetro 5, onde conflúe co PR-G 201, é interesante seguir este cara a dereita a fin de visitar as lagoas dos Carrizais e da Laceira (ou polo menos a primeira). Non é unha gran distancia e son ben fermosas. É ida e volta, loxicamente.
Máis adiante están as do Ocelo e da Serpe, ambas moi fermosas igualmente. Conforme imos subindo podemos gozar de lonxincuas panorámicas froito de esta na zona máis alta de Galiza. Non deixará de chamar a atención o val alto do río Bibei ou as cimas da Pena Trevinca, Pena Negra ou Pena Surbia... Dende o alto do Fial temos unha vista de 360º arredor fantástica.
A baixa dende aquí é bastante pina e descorre por pradaría polo que o piso é cómodo pero, por contra, é moi exposta aos elementos meteorolóxicos.
Por canella e carreiros semellantes aos que usamos para subir volvemos á aldea da Ponte.
Suxestión: comezando con tempo, pódese facer con tempo de baixar a comer á Veiga. Un bo remate!
Como queda comentado, é unha ruta cun importante desnivel polo que é indicada para persoas sen preparación. Cadaquén debe avaliar as súas posibilidades. Non parece axeitada para días de mal tempo, por ter partes moi descubertas e en montes altos. Facela con neve, só persoas experimentadas e equipadas.
Parquing

A Ponte

Monumento

A Ponte

Monumento

Escola, centro de visitantes

Panoramica

A Ponte

Panoramica

Panorámica da Ponte

Porta

Portelo

Panoramica

Val glaciario da Morteira

Panoramica

Divisoria de augas

Lago

Lagoa do Carrizal

Lago

Lagoa Laceiras

Punto de información

Cartaces. Derivación ás lagoas. (Paga a pena!)

Lago

Lagoa do Ocelo. Portelo.

Lago

Lagoa e pico Ocelo

Flora

Framboesas

Panoramica

Val alto do Bibei

(Val glaciario, de fondo chairo)
Lago

Lagoa da Serpe

Cima

Alto do Fial. Punto máis alto da ruta

Panoramica

Circo do regato do Diluvio

Panoramica

Mina de Vilanova

Intersección

Esquerda, prado (postes caídos!)

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta