• Foto de PR-G 214 Ruta de Monte Grande
  • Foto de PR-G 214 Ruta de Monte Grande
  • Foto de PR-G 214 Ruta de Monte Grande
  • Foto de PR-G 214 Ruta de Monte Grande

Coordenadas 1390

Fecha de subida 26 de octubre de 2017

Fecha de realización octubre 2017

-
-
1.042 m
836 m
0
5,7
11
22,77 km

Vista 220 veces, descargada 12 veces

preto de Portela, Galicia (España)

Esta ruta circular de case 23 km de lonxitude, discorre entre repoboacións de piñeiro silvestre (Pinus sylvestris) e masas de caducifolias autóctonas, permitíndonos desfrutar de boas vistas panorámicas do val do río Limia e a Serra do Xurés. Trátase dunha ruta de pendentes suaves, que percorre pistas forestais anchas e con bo firme, case sempre baixo arborado, o que a fai moi adecuada para realizala en bicicleta.

A ruta parte das inmediacións da área de lecer do alto do Vieiro, onde atoparemos unha fonte de auga potable. A poucos metros do seu comezo abandona a estrada e lévanos ata o leito da Corga das Velas, por onde ascende durante un breve treito. Este primeiro tramo é compartido na ida e na volta da ruta, e bifúrcase ao chegar a zona arborada.

Se collemos a esquerda ao chegar a bifurcación atoparemos o Lagoa Grande. Tras bordear un pequeno outeiro a ruta toma dirección sur, onde hai varias mámoas e unha fonte. Continuaremos pola ladeira da montaña por unha pista de terra, e teremos vistas panorámicas de parte da Baixa Limia, do val do río Limia, do encoro das Conchas e da serra do Xurés, cos seus característicos picos das Gralleiras e de Fontefría.

Tras pasar por unha masa de árbores autóctonas caducifolias volvemos a atravesar de novo unha plantación de piñeiro silvestre, alternándose con algúns claros que nos permiten ver a paisaxe lindeira ata chegar ao Outeiro de Iermes. Máis adiante chegaremos a Lagoa do Iermes que conta no seu entorno cunha pequena área recreativa. So nos restará un pequeno tramo para regresar a bifurcación que nos levará de novo ata o inicio.
Área_recreativa
Lago_do_Monte_Grande
Mámoas_do_Arando
Mámoas_das_Terras_Brancas
Fonte_do_Foxo
Lago_do_Iermes

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta