• Foto de PR-G 215 Ruta da Mina das Sombras
  • Foto de PR-G 215 Ruta da Mina das Sombras
  • Foto de PR-G 215 Ruta da Mina das Sombras
  • Foto de PR-G 215 Ruta da Mina das Sombras
  • Foto de PR-G 215 Ruta da Mina das Sombras

Coordenadas 438

Fecha de subida 26 de octubre de 2017

Fecha de realización octubre 2017

-
-
1.219 m
649 m
0
1,7
3,4
6,78 km

Vista 255 veces, descargada 4 veces

preto de Lobios, Galicia (España)

Esta senda lineal percorre o val do río de Vilameá e conecta a Ermida de Nosa Señora do Xurés coas abandonadas Minas das Sombras nunha distancia de case 14 quilómetros de ida e volta.

A ruta parte das inmediacións da Ermida de Nosa Señora do Xurés, no concello de Lobios e dentro do territorio do Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés. Dende o entorno de esta ermida podemos desfrutar dunhas boas vistas panorámicas do val do río Caldo, do encoro portugués do Lindoso e tamén dos cumios da Serra de Santa Eufemia. Aos poucos metros de comezar a ruta esta introdúcese no val do río de Vilameá pola parte alta da ladeira. Pouco a pouco o camiño descende ata acadar o leito do río e crúzao para pasar a marxe dereita, por onde continuaremos o ascenso ata as minas.

A medida que vamos ascendendo poderemos desfrutar da vista de distintas fervenzas, tanto do propio río de Vilameá coma dos seus afluentes. Tamén, pouco a pouco, comezaremos a ver o fondo do val así como os picos que o rodean e que delimitan a fronteira con Portugal. O chegar as minas é posible ver os restos do material que se empregaba para a extracción do wolframio nos anos da Segunda Guerra Mundial. Tamén é posible ver as construcións onde se aloxaban os traballadores e algunha das bocas de acceso a mina, que se atopa tapiada. Unha vez alí so resta que descendamos de novo polo mesmo camiño para volver ata o punto onde iniciamos a ruta.
Ermida_da_Nosa_Señora_do_Xurés
Río_de_Vilameá
Corga_das_Negras
Mina_das_Sombras

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta