-
-
1.293 m
886 m
0
4,7
9,3
18,64 km

Vista 295 veces, descargada 8 veces

preto de Fraga, Galicia (España)

Esta ruta circular de 18,7 km ascende dende a aldea da Fraga ata as partes máis altas da Serra do Leboreiro, para descender a continuación atravesando pequenos vales que nos levaran de volta ao inicio.

A ruta, comeza na aldea da Fraga, unha pequena poboación rural do concello de Bande. No primeiro tramo iniciamos o ascenso ata os altos da Serra do Laboreiro, e poderemos observar varios curráis ao carón do camiño. Se seguimos ascendendo pasaremos preto dunha mámoa e un pouco máis adiante chegaremos ata unha das partes máis altas da serra: o Cabezo da Meda. Dende aquí é posible obter unhas boas vistas panorámicas do entorno que nos rodea: grandes espazos de vexetación baixa e arbustiva e zonas de pasto, así como os distintos cumios das montañas dos arredores.

A partir de este punto a ruta cambia de dirección e atravesaremos varios pequenos vales fluviais. Despois dun tramo sen apenas desniveis, comezaremos a descender pola ladeira do val no que se atopan as aldeas da Fraga e Taboazas.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta