• Foto de PR-G 79 Arenteiro (2014-07-19)
  • Foto de PR-G 79 Arenteiro (2014-07-19)
  • Foto de PR-G 79 Arenteiro (2014-07-19)
  • Foto de PR-G 79 Arenteiro (2014-07-19)
  • Foto de PR-G 79 Arenteiro (2014-07-19)
  • Foto de PR-G 79 Arenteiro (2014-07-19)

Tempo  4 horas 38 minutos

Coordenadas 3343

Fecha de subida 19 de julio de 2014

Fecha de realización julio 2014

-
-
477 m
149 m
0
3,6
7,2
14,34 km

Vista 942 veces, descargada 12 veces

preto de Longoseiro, Galicia (España)

Sendeiro do Arenteiro PR 79
O río Arenteiro nace na Pena de Francia, a unha altura de 840 m. Recibe pola marxe esquerda o río Oseira e baña a vila do Carballiño. É considerado o afluente máis importante do río Avia.O final, desemboca no Avia, na parroquia de
Pazos de Arenteiro tras percorrer 33 km en dirección NL SO.
Según outra teoría o río Arenteiro nace por enriba da aldea de A Cabana, do concello de Cea, un poco máis abaixo dun lugar coñecido por Pena Bico, os primeros pobos polos que pasa son, primeiro A Cabana e despois Arenteiriño.
Pazos de Arenteiro, alcanzou o seu máximo esplendor na última etapa da Idade Media,especialmente, no Renacemento, cando a nobreza do viño se instalou na vila. Lembranza da riqueza xerada polo viño do Ribeiro que se exportaba as illas británicas pola súa enorme calidade son numerosas as “casas blasonadas
” que compoñen ó conxunto histórico da vila e que aínda manteñen os nobres escudos na fachada principal. Destaca entre elas O Pazo da Encomenda, antiga propiedade da Orde Hospitalaria dos Cabaleiros de Malta, auténticos señores da vila, onde o "Encomendador" recaudaba impostos e xestionaba os asuntos do lugar en nome da Orde de Malta.O conxunto histórico de Pazos de Arenteiro está organizado en torno á pequena igrexa románica de San Salvador (século XII), dentro da cal, consérvanse algunhas esculturas interesantes que recordan a historia da aldea e a súa relación coa pontevedresa igrexa de San Bartolomé.
Case ás portas da vila, sitúase a ponte medieval chamada "Ponte da Cruz" parcialmente destruída na época da independencia polos "guerrilleiros do Avia", para impedir o paso das forzas napoleónicas.
Información copiada da web do club Via Láctea http://clubvialactea.es/

1 comentario

Si quieres, puedes o esta ruta