Sé el primero en aplaudir
Vista 204 veces, descargada 5 veces
preto de Carballal, Galicia (España)
Esta ruta de sendeirismo non conta actualmente coa homologación da Federación Galega de Montañismo, debido a vaga de incendios que asolou Galicia no ano 2006 e que danou a súa sinalización considerablemente. Hoxe en día é recomendable empregar o track de seguimento nun dispositivo GPS ou ben levar un plano impreso.
Nesta ruta lineal ascéndese en primeiro lugar ao Monte de San Alberto para posteriormente baixar ata o leito do río Artes. Acompáñase o leito do río por un paseo fluvial ata chegar ao pé do Monte Castro da Cidá para baixar posteriormente ata o Parque Periurbano de San Roque.
A ruta comeza na Pedra das Cabras. Seguindo a pista de terra, cruzando a autovía por un paso subterráneo, comezaremos o ascenso ó monte de San Alberto. Deterémonos na capela de San Alberto e continuaremos co ascenso. As vistas en todo o treito son excelentes.
Xa na outra ladeira do monte comezaremos a descender cara o río Artes e continuaremos por un sendeiro fluvial que percorre case 4 km pola beira do río. Dirixirémonos despois cara a marisma de Carregal (Parque natural complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán), pola que pasaremos polas súas inmediacións.
Abandonando a marisma comezaremos a ascensión ó Castro da Cidá e o miradoiro da Pedra da Rá, os dous lugares ofrecen boas vistas panorámicas da ría e do Parque Natural. Só queda continuar cara o final da ruta, onde se atopa o Centro de Interpretación Arqueolóxico de San Roque.
-------------------------------------------------------------------------------------------------------
Esta ruta de senderismo no cuenta actualmente con la homologación de la Federación Galega de Montañismo, debido a la ola de incendios que asoló Galicia en el año 2006 y que dañó su señalización considerablemente. Hoy en día es recomendable emplear el track de seguimiento en un dispositivo GPS o bien llevar un plano impreso.
En esta ruta lineal se asciende en primer lugar al Monte de San Alberto para posteriormente bajar hasta el lecho del río Artes. Se acompaña el lecho del río por un paseo fluvial hasta llegar al pié del Monte Castro da Cidá para bajar posteriormente hasta el Parque Periurbano de San Roque.
La ruta comienza en la Pedra das Cabras. Siguiendo la pista de tierra y cruzando la autovía por un paso subterráneo, comenzaremos el ascenso al monte de San Alberto. Nos detendremos en la capilla de San Alberto y continuaremos con el ascenso. Las vistas en todo el tramo son excelentes.
Ya en la otra ladera del monte, comenzaremos a descender en dirección al río Artes y continuaremos por un sendero que recorre casi 4 km por la orilla del río. Nos dirigiremos después en dirección a la marisma de Carregal (Parque Natural complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán) por la que pasaremos por sus inmediaciones.
Abandonando la marisma, comenzaremos la ascensión al Castro da Cidá y al mirador de Pedra da Rá, los dos lugares ofrecen hermosas vistas. Solo queda continuar hasta el final de la ruta, donde se encuentra el Centro de Interpretación Arqueolóxico de San Roque.
Waypoint
Parque de San Roque
Waypoint
Capela de San Alberto
Waypoint
Marisma de Carregal
Comentarios