Descargar

Distancia

18,62 km

Desnivel positivo

716 m

Dificultade técnica

Moderado

Desnivel negativo

716 m

Altitud máxima

1.144 m

Trailrank

46

Altitud mínima

548 m

Trail type

Circular

Tempo

5 horas 49 minutos

Coordenadas

2485

Fecha de subida

18 de noviembre de 2013

Fecha de realización

noviembre 2013

Crea tus Listas de Rutas

Organiza las rutas que te gustan en listas y compártelas con tus amigos.

Pásate a Wikiloc Premium Pásate a Premium para eliminar los anuncios
Crea tus Listas de Rutas Crea tus Listas de Rutas
Sé el primero en aplaudir
1 comentario
Compartir
-
-
1.144 m
548 m
18,62 km

Vista 1692 veces, descargada 51 veces

preto de Prado, Galicia (España)

Saída do lugar de Cenlle, en San Salvador de Prado. Deixamos o coche onda o local da Comunidade de Montes, baixamos cara á área recreativa (asadores e praia fluvial) e camiñamos até o inicio da pista sinalado no primeiro waypoint.
A pista comeza suave, pero ao pouco iniciamos a ascensión máis dura da xornada, cun desnivel de máis de 400 metros en dous quilómetros e medio.
Tras cruzar un valado para o gando, achegámonos aos primeiros muíños, que enchen toda a zona máis elevada da serra (e das serras veciñas). Chegamos á boca dos Acevedos, onde procuramos camiño para descender até o regato da Cabana, cruzalo e ascender de novo, para evitar durante un bo anaco a pista do parque eólico.
Cadrounos un día de nordés moi forte e aí arriba multiplícase a súa forza, así que co traxecto polo regato quedamos resgardados un tempiño.
Logo a carón da pista até o refuxio xa co vértice xeodésico do Faro á vista. O vento apenas nos permite parar no Faro, collemos o desvío da pista cara o alto das Pías e a seguir sempre descendendo, virando á esquerda pola primeira pista para pasar polas fontes do Tea e chegar á capela da Xestosa, onde por fin demos cun bo abeiro onde xantar o bocata.
A partir de aquí só atopamos asfalto durante algúns quilómetros e, en canto puidemos, fomos buscando alternativas para evitalo.
Dispondo de algo máis de tempo, seguramente sería máis interesante coller á dereita no cruzamento de pistas que atopamos despois de pasar unha granxa. Leva a unha ponte sobre o Tea que nos permitiría rematar a excursión pola outra beira do río, pois para volver ao punto de partida hai outra ponte máis ao sur (serían uns catro quilómetros máis).
Estupendas as cervexiñas do bar da Comunidade de Montes ao rematar a pateada.
Espectaculares vistas, aínda que o día presentaba un horizonte anubrado, sobre todo cara a Ourense. Suído, Testeiro, Galleiro, Galiñeiro, o encoro de Castrelo de Miño...
Waypoint

Inicio da pista

Río

Regato da Cabana

Refugio de montaña

Refuxio

  • Foto de Refuxio
  • Foto de Refuxio
Refuxio
Cima

Faro de Avión

  • Foto de Faro de Avión
  • Foto de Faro de Avión
Faro de Avión
Cima

As Pías

  • Foto de As Pías
  • Foto de As Pías
  • Foto de As Pías
Supera o cumio do Faro nun par de metros
Río

Nacemento do río Tea

Sitio relixioso

Capela da Xestosa

  • Foto de Capela da Xestosa
  • Foto de Capela da Xestosa

1 comentario

  • Foto de jaimucho

    jaimucho 18 nov 2013

    Bonita ruta, y no muy complicada. Sobran los molinos, pero no se puede pedir todo

Si quieres, puedes o esta ruta