-
-
665 m
260 m
0
2,2
4,3
8,63 km

Vista 1045 veces, descargada 14 veces

preto de Rosende, Galicia (España)

Saída da praia da Cova, onde se deixan os coches.
Subida moderada polo sendeiro da gran Ruta da Ribeira Sacra ata Cuñas e o Lagar. Seguimos subindo por un trazado inédito ata preto de San Mamede, pero desviámonos ata O Pousadoiro. Logo, coa paisaxe do Cabo do Mundo sempre presente, soutos e carballeiras. Visita ao magnífico Ecomuseo do Pazo de Arxeriz -castro, salas variadas, bo trato, paz e vistas-. Paso por Torre Vilariño e baixada con algunha que outra complicación ata o churrasco d´A Cova. Desde alí, con varias posibilidades, baixada entre acacias por camiño vello intransitábel sen fouce para enlazar coa ruta oficial e chegar ao Priorato e san Martiño da Cova. A Partir de aí, baixada inédita pola fronda que nos levou con dificultades (polas acacias sobre os camiños vellos) ata Soutomango e Os Raíñas. E seguimos baixando por senda desusada para chegar a pé do río e procurar a Praia da Cova. Baño.

1 comentario

  • tanaquil 14-ago-2019

    Is not accessible anymore! There is a marked trail, white/yellow, that you can follow. That one is also overgrown sometimes, and a little scary (but fun) sometimes. Pity this trail wasn't checked, it seems outdated for years!!

Si quieres, puedes o esta ruta