Tempo  unha hora 29 minutos

Coordenadas 1310

Fecha de subida 10 de octubre de 2017

Fecha de realización octubre 2017

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
145 m
4 m
0
3,4
6,8
13,52 km

Vista 859 veces, descargada 33 veces

preto de Taramancos, Galicia (España)

Pola costa meridional da ría de Muros e Noia esténdense unha manchea de fermosas praias de fina area que conforman parte do litoral dos concellos de Noia e Porto do Son.

O roteiro, sendo circular, pode iniciarse no porto do Testal, a carón da súa praia de augas superficiais e a que seguen outras con bancos areosos de gran importancia marisqueira, con berberecho ou semente de mexillón que logo terminará de medrar nas bateas.

Pasada a zona do Testal mergullámonos baixo un bosque por un carreiro ribeireño que abandonaremos antes de chegar a praia de Boa Pequena para afastarnos do mar, indo agora polas abas do Monte San Lois por camiños baixo un bosque mixto con piñeiros, carballos e algúns castiñeiros.

Pasamos polos lugares de O Vilar, O Rial, Bouzas e pola igrexa e casa reitoral de San Martiño de Miñortos. Ao toparnos co rego Ornanda seguimos as súas augas ata a súa desembocadura na praia homónima e de aquí costeamos ata o porto deportivo de Portosín.

Desde Portosín faremos o retorno ata a Punta do Testal sempre pola costa, por praias coma Boa Grande e Pequena, puntas Batuda e Cabalo con impresionantes vistas sobre a ría, illa de Creba e os montes Tremuzo e Louro.

Ver más external

árbol

Bosque

Bosque mixto.
foto

Bouzas

Lugar en Miñortos.
campamento

Camping Punta Batuda

Camping en Punta Batuda.
árbol

Carballeira

Bosque de carballos.
foto

Carreiro

Carreiro litoral.
Waypoint

Comezo Ornanda

Punto de comezo do roteiro na Punta do Testal.
foto

Corredoira

Congostra no lugar de O Rial.
fuente

Fonte

Fonte de auga potable en Miñortos.
fuente

Fonte do Rial

Fonte no lugar de O Rial.
Arquitectura religiosa

Igrexa San Martiño

Igrexa parroquial de San Martiño de Miñortos.
Lago

Lagoa Testal

Pequena lagoa na Punta do Testal.
foto

O Vilar

Lugar en Taramancos, Noia.
amarre

Porto Testal

Porto pesqueiro no concello de Noia.
Praia

Praia da Gafa

Praia no concello de Porto do Son.
Praia

Praia de Boa Grande

Praia no concello de Noia.
Praia

Praia de Boa Pequena

Praia no concello de Noia.
Praia

Praia Ornanda

Praia no concello de Porto do Son.
Praia

Praia Telleira

Praia no concello de Porto do Son.
Praia

Praia Testal

Praia no concello de Noia.
foto

Punta Cabalo Baixo

Punta nas lindes dos concellos de Noia e Porto do Son.
Río

Rego Ornanda

Ragato que nace nas abas do Monte San Lois e desemboca na Praia de Ornanda.
foto

Rochedo

Rochedo entre as praias de Gafa e Ornanda.
foto

Rodeiras

Rodeiras no camiño de O Vilar a costa.
foto

Sendeiro

Sendeiro litoral por Punta Batuda.

1 comentario

  • jose meixonfrio 17-sep-2019

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    Fermosa ruta
    Dous detalles a destacar, sobre todo se se fai a ruta un día de calor:
    - Na ruta se pode beber en dúas fontes.
    - Gran parte da ruta disfrutas da sombra das árbores

    Grazas Jesús, as túas rutas son do melloriño

Si quieres, puedes o esta ruta