Tempo  3 horas 12 minutos

Coordenadas 1519

Fecha de subida 25 de mayo de 2019

Fecha de realización mayo 2019

-
-
378 m
189 m
0
3,0
5,9
11,88 km

Vista 35 veces, descargada 0 veces

preto de Cornide, Galicia (España)

Interesante ruta recien homologada pola Federacion Galega de Montaña, que nos mostra parte do patrimonio historico que posúe Teo.
Paisajisticamente non ofrece demasiado, pero faise entretida e curiosa. Á vez que facil.
Dende a Ramallosa (Teo) pola DP-0205 ata Cornide.
Dende Santiago pola N-550 ata a DP-0205, e logo continuar ata Cornide.
Puntos de interese: Cornide, muíño de Cornide, petróglifos de Cornide, petróglifos do Outeiro do Corno, petróglifos do Fondao, dá Pena Bicuda de Loureiro, de Outeiro Piquiño, do Trono dá Raíña, dá Pena Bicuda de Regoufe e petróglifos do Meau.
Este sitio arqueolóxico representa unha dás áreas de maior importancia en Galicia, e sen igual na Comarca de Compostela, pola gran densidade de xacementos de mámoas e petróglifos existentes e polas características dalgúns deste gravados. Son moi relevantes vos petróglifos do Río de Angueira ou de Monte de Cornide, cun conxunto de escenas de monta, unha delas sobre un cervo; ou petróglifo de Outeiro do Corno I, de gran importancia e recoñecemento na comunidade galega, que amosa na súa parte central un motivo cuadrangular segmentado acompañado dunha daga; e tamén vos petróglifos de Pedra Bicuda de Loureiro que representan numerosos gravados xeométricos de gran porte (combinacións circulares e espirais) e figurativos (cervos e cánidos).

Pese a ter algún pequeno tramo de asfalto, a inmensa mayoria é de terra. Moi ben sinalizado e mantido. Pódese facer en bicicleta completamente.
No verán ter en conta que non dispón de auga en ningún punto e a parte alta da ruta está totalmente despexada.

valoración MIDE

SEVERIDADE DO MEDIO NATURAL 2
ORIENTACIÓN NO ITINERARIO 2
DIFICULTADE NO DESPRAZAMENTO 2
CANTIDADE DE ESFORZO NECESARIO 3

HORARIO: 3.45H
DESNIVEL SUBIDA 202
DESNIVEL BAJADA 202
DISTANCIA: 11.9
TIPO DE PERCORRIDO: CIRCULAR
Petróglifos da Pena Bicuda de Loureiro De gran importancia, este conxunta mostra combinacións circulares, espirais e motivos zoomórficos, así como posibles representacións de armas ou serpes.
Petróglifos de Cornide ou do Río Angueira 1 e 2 Son dúas estacións moi próximas entre si. A estación 1 destaca por composicións e combinacións circulares. A estación 2 ten motivos principalmente zoomórficos e de monta e al menos unha delas sobre un cervo.
Petróglifos do Meau Facilmente observables no lateral do penedo, representan círculos concéntricos. Dáse a coincidencia de que dende este miradoiro, no solsticio de inverno, pódese apreciar que o sol sae xusto detrás do Trono da Raíña (Outeiro do Ledo) e que os raios alumean os petróglifos do Meau por estaren orientados nun plano inclinado cara ao nacente.
Petróglifos de Outeiro Piquiño 1 e 2 As dúas estacións de Outeiro Piquiño están moi próximas pero foron identificadas en momentos moi distintos. Representan círculos simples e coviñas e círculos concéntricos.
Petróglifos da Pena Bicuda de Regoufe No ano 1953 dáse referencia no “Noticiario Arqueólogico Hispánico” destes petróglifos por parte do estudoso e investigador Ramón Sobrino Lorenzo – Ruza.
Petróglifo do Trono da Raíña Lugar de excepcionais vistas. Petróglifo con círculos concéntricos.
Petróglifos Outeiro do Corno 2 e 3 Estación 2. Situados na parte alta do monte xunto ao camiño, está moi erosionada e mostra liñas horizontais e verticais, así coma algúns círculos concéntricos. Estación 3. Con inscricións cuadrangulares divididas.
Petróglifo Histórico Cruciforme Trátase dun sinal en forma de cruz, que podería representar o linde das parroquias limítrofes.
Petróglifos Outeiro do Corno 1 Este é un dos gravados máis interesantes de Teo. Este tipo de debuxo coñecese na Península Ibérica como “Tipo Peña Tú” por un petróglifo que se atopa en Llanes (Asturias). Esta representación teense dálle nome á variante galega como “Tipo Outeiro do Corno”.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta