Descargar

Distancia

15,31 km

Desnivel positivo

245 m

Dificultade técnica

Fácil

Desnivel negativo

310 m

Altitud máxima

561 m

Trailrank

14

Altitud mínima

419 m

Trail type

Solo ida

Coordenadas

256

Fecha de subida

2 de agosto de 2021

Filtros Avanzados

Filtra por mes o fecha de grabación. Encuentra rutas solo de personas a las que sigues.

Pásate a Wikiloc Premium Pásate a Premium para eliminar los anuncios
Filtros Avanzados Filtros Avanzados
Sé el primero en aplaudir
Compartir
-
-
561 m
419 m
15,31 km

Vista 49 veces, descargada 0 veces

preto de Samos, Galicia (España)

Como pequeno aperitivo do que nos atoparemos na parte galega do Camiño Francés, suxerimos este punto de inicio (Mosteiro de Samos) para afrontar, aproximadamente, os 130km de camiño que hai ata Santiago e acadar a Compostela.

Saímos do Mosteiro de SAMOS, marabillados polo entorno e o conxunto arquitectónico. Imaxinamos por un momento como vivirian os monxes séculos atrás e botamos a andar sen presa.
Percorremos algo menos de 4km pola veiriña do río Sarria. Esta primeira parte do trazado non ten dificultade nin desnivel. Ao chegar ao Mesón Pontenova hai que cruzar á estrada e comezar un camiño de terra que entra polo monte. Atoparémonos coa primeira costa arriba que nos esixirá un pouco de pernas e cardio. É verán e e non choveu en días pero coidado! Boa parte da costa é pedra pulida e terra solta.

O percorrido está salpicado de igrexas e capelas que nos axudan a identificar os distintos núcleos de poboación. Saltamos de Igrexa de Santalla de Pascais ata a Capela de San Xumil de Garolfe sen darnos conta. Atravesando polo monte sen máis molestia co do bulir do vento.
O camiño de terra torna en asfalto. Apenas hai pendentes importante e continuamos por estes camiños que conectan veigas enormes onde pace o gando e pola que só nos cruzamos con algún tractor que outro.

O día acompana para camiñar. Corre unha airexa e o sol apenas quenta entre tanta nube alta. Nosoutros decidimos comezar a camiñar ás 17H. Desta hora xa non atopas xente. É moi tarde para camiñar e moi cedo para as labores do campo. A vida é pra nós pero ainda queda outro tanto.

Estamos case no ecuador da (mini)etapa de hoxe. cruzamos un par de veces o río Sarria que baixa mansiño. No peto das ánimas deixamos a nosa esmola polos que non están e polos que non teñen que pida por eles. Non temos cartos nin pan, pero as frores do camiño cumpren coa función.

Pouco antes de Perros hai un par de hospedaxes onde parar se os pés piden calma, mais nós seguimos. Este treito engana un pouco. ves do val e o camiño empeza a coller altura. A Capela da Ascensión de Perros é o último gran esforzo antes de Sarria. Un pouco máis adiante, en Aguiada o camiño sae por entre as casas e vai parello da estrada provincial, prácticamente descende todo o tempo ata a vila.

En Sarria é bo parar, repoñer forzas e seguir as frechas ata o Albergue Monasterio de La Magdalena. O corpo xa pide unha tregua pero queda un último esforzo antes de descansar. Hai máis opcións coma en calquer outra vila peregrina, pero o interesante desta etapa é gozar do camiño. Sen presa. Coma monxes que contemplan a vida indo dun mosteiro ó outro.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta