Descargar

Lonxitude

15,92 km

Desnivel positivo

810 m

Dificultade técnica

Difícil

Desnivel negativo

810 m

Altitud máxima

430 m

Trailrank

24

Altitud mínima

189 m

Tipo de ruta

Circular
  • Foto de Vista

Tempo

6 horas 11 minutos

Coordenadas

1461

Fecha de subida

22 de marzo de 2016

Fecha de realización

marzo 2016
Sé el primero en aplaudir
Compartir
-
-
430 m
189 m
15,92 km

Vista 393 veces, descargada 5 veces

preto de Cerbo, Galicia (España)

Duración: 6h, aproximadamente.

Dificultade: Difícil, fortes pendentes. Sendeiros en mal estado polo que é imprescindible levar un calzado adecuado.

Características: Sendeiro de monte polo recorte da costa das Rías Altas, desde Faro Candieira ata San Andrés de Teixido. Fortes pendentes, mala sinalización e terreo duro, non apta para novatos.

Sinalización: Pobre, quedan restos dunha antiga sinalización, aínda que non é difícil orientarse porque sempre hai que seguir o recorte da costa. A medida que un se achega ao santuario, o sendeiro está mellor indicado.

Bicicleta: Salvo BMX e persoas moi experimentadas, diría que de ningún xeito é adecuada.

Animais: Can si, a cabalo quizais, pero nada doado.

Considero esta ruta ideal para amantes da natureza e das paisaxes impresionantes, un tanto acostumados a saír ao monte e con boa forma física. Califiqueina de difícil tanto polos camiños polos que se desenvolve (imprescindible botas de trekking, moitas rochas e barro, é doado esvarar) como polas fortes pendentes que ten de regreso. Porén, paréceme que o sendeiro, doado de seguir pero con sinalización moi pobre, ten moitísimas posibilidades como ruta didáctica. Vexetación abundante, as vistas dos cantís fantásticas, avistamento de animais...

Concibida para ser ida e volta, coido que se podedes deixar un coche en San Andrés, grupos menos experimentados poden completala sen présas. Ao non ser un itinerario circular, fraccionalo non é moi relevante. Se queredes facer ida e volta, cómpre ter en conta que as dúas fortes pendentes de subida case ao principio fanse moi dificultosas. Nós dividimos o grupo: unha parte ficou no Santuario e outra demos a volta polos vehículos. Fomos un pouco máis rápido do desexado porque os días aínda eran curtos e iamos escapando da noite.
Panoramica

Vista

Vista

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta