Tempo  4 horas 3 minutos

Coordenadas 1027

Fecha de subida 8 de agosto de 2018

Fecha de realización julio 2018

-
-
682 m
436 m
0
3,4
6,8
13,53 km

Vista 581 veces, descargada 27 veces

preto de Allariz, Galicia (España)

Moitas das nosas romarías celébranse baixo as acolledoras carballeiras, con árbores que poden acadar varios centos de anos de vida e que teñen un forte e ancho tronco de formas máis ben retorcidas e cunha boa ramaxe. Trátase de exemplares de roble carballo, tan coñecido entre nós.

Dentro de esta familia arbórea temos tamén o cerquiño, cerqueiro ou rebolo, que ten follas moi parecidas as do carballo, pero co peciolo (o rabiño da folla) máis longo -ata 25 mm no rebolo e entre 2 e 10 mm no caso das do carballo- e logo tamén hai diferencias nos lóbulos (as fendiduras) das follas -o cerquiño ten de 4 a 8 pares de cortes máis profundos e as do carballo posúen de 3 a 6 pares con formas menos pronunciadas-. Amais o rebolo ten unha altura máis modesta e o tronco e ramaxe son de formas máis rectas.

Nesta andaina polo concello de Allariz, auténtico paraíso para os camiñantes, faremos un percorrido por varias das reboleiras que ten esta comarca declarada Reserva da Biosfera. Sendo o traxecto circular, un bo sitio para comezar pode ser a carón do museo dos curtidos de coiro e logo dun treito polas beiras do Arnoia, afastámonos do río para pasar polas típicas aldeas de Vilariño, A Portela da Aira Vella, Aira Vella e Nanín que líganse entre si por medio de camiños e carreiros a sombra das reboleiras e tamén bosques nos que conviven os cerquiños e os carballos.

Ver más external

Aldea no concello de Allariz.
Área recreativa as beiras do río Arnoia.
Camiño a aldea de Vilariño.
Camiño entre Vilariño e A Portela da Aira Vella.
Bosque de carballos entre a Aira Vella e Nanín.
Punto de inicio do roteiro, a carón do museo do coiro de Allariz.
Fonte de auga potable na aldea de Nanín.
Fonte de auga potable na aldea de A Portela da Aira Vella.
Muíño en ruínas entre as aldeas de Vilariño e A Portela.
Museo do curtido do coiro en Allariz.
Aldea do concello de Allariz.
Aldea no concello de Allariz. Punto de paseo do Camiño Xacobeo.
Pasarela de madeira sobre o río Arnoia, en Allariz.
Pasos de pedra no río Arnoia.
Ponte metálica no río Arnoia.
Ponte románica sobre o río Arnoia, ao seu paso por Allariz.
Aldea no concello de Allariz. O nome completo e A Portela da Aira Vella.
Bosque de rebolos ou cerquiños.
Camiño pola reboleira
Río da provincia de Ourense afluente do río Miño.
Carreiro na aldea de A Aira Vella.
Aldea no concello de Allariz.
Lugar do concello de Allariz. moi preto do centro urbano.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta