Tiempo en movimiento  5 horas 54 minutos

Tempo  un dí 3 horas 26 minutos

Coordenadas 3495

Fecha de subida 24 de marzo de 2019

Fecha de realización marzo 2019

-
-
1.669 m
876 m
0
5,1
10
20,25 km

Vista 67 veces, descargada 1 veces

preto de Rebordechao, Galicia (España)

Roteiro argallado polo noso Bareto. Precioso, e coma sempre, ampliando máis as nosas fronteiras. A subida percorre por unha antiga via xa en desuso, e por desgracia desaprecida case na sua totalidade. Durante a metade do ascenso, o camiño soio se intuia, tendo que atravesar matogueira alta de xesta, uceira e carqueixa. Non recomendo seguir esta ruta, a menos que se sexa consciente de que pasaremos máis dunha hora loitando coa maleza para avanzar. A min encantoume!... (Ainda por editar)
Ponte

Rio Arnoia

Rio Arnoia dende a ponte en Rebordechao
foto

Rebordechao

Recuncho da aldea de Rebordechao
panoramica

Rebordechao

Panorámica, no comezo da subida, da aldea
panoramica

Sobre o val do Arnoia

Durante a subida polo lado leste do rio, temos unas espectaculares vistas das ladeiras que compoñen o val onde colle forma a Arnoia
foto

Papatoria á sombra

Aproveitamos a sombra que nos da unha pequena pero moi xeitosa carballeira para xantar
foto

Refuxio...

Pequena formación rochosa, que ben puido servir a pastores, ou algún animaliño para descansar
foto

Aparece o camiño...

Despóis dunha ascensión de máis dun kilometeo a través da matogueira, aparece por fin claramente, o camiño que despreceu por anos de abandono. Unha mágoa... este feito que se repite por toda a nosa terra a causa do despoboamento do rural
foto

Prados

Cambia a paisaxe e comezamos a distinguir prados que dan pasto ó gando todavía existente
Río

O Arnoia creándose!

Dende o cumio que divisamos, multitude de correntes, corgas e regatos dan forma a estes barrancos que dan forma ó val da Arnoia
foto

Xestal

Dende o bosteiro, onde se localiza un curral para as labores gandeiras, realizamos a ascensión por este precioso xestal. Por momentos o camiño faise bravo esquivando xestas, pero con este tipo de bosque, convértese en abraiante
panoramica

Val abaixo

Xa chegando ó alto, as vistas do que fumos deixando atrás son preciosas
refugio libre

Refuxio da 'fonte do santo'

Refuxio no alto de San Mamede, de construción moderna, que conta con bancos e unha mesa de madeira, e unha lareira para facer un bo lume. Un lugar caralludo para facer campamento e pasar a noite
panoramica

Rebordechao no fondo

Dende detrás do refuxio, unha pequena elevación rochosa nos da unha vista de vertixe do percorrido da ascensión, con Rebordechao ó fondo. Podemos ver dende aí unha ampla vista cara o sur, dende manzaneda, ate a chaira da desaparecida lagoa de Antela
cima

Alto de San Mamede (1616m)

Panorámica dende o alto.
fuente

Nacente 'do Arnoia'

Mina onde abroia a auga da que se di que dá nacemento ó rio Arnoia. A fantasia relixiosa, otorga a san Mamede a súa creación. Se supón que tirou aí a súa chanca,e comezou a sair auga...
foto

Comezo do descenso

Comeza o descenso, cara o NL, e podemos divisar o alto de Manzneda
foto

Carballeira

O camiño atravesa, tras unha baixada moi acentuada, a carballeira que viste o fondo do val. Foi afectada polos lumes, así coma parte do bidueiral de Montederramo, que xa deixamos atrás na baixada
foto

O casal de Teixedo

Poboado con moita historia, que xa foi abandonado anos atrás, e que pouco a pouco vai quedando na completa ruina.
árbol

Acibral

Precioso tramo do percorrido, no que travesamos, durnte un bo treito, un bosque no que predominan acibros, e carballos
Río

Corga dos Torneiros

Fondo do val, por onde seguiremos a ruta, ó pé deste peueno rioa
Ruinas

A Ferrería

Río

Rio da Edreira e comezo do rio da Queixa

Intersección

GR 56, cara Manzaneda

Picnic

Merendoiro

panoramica

Val da Navea

Río

A Navea (ou da Queixa)

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta