Descargar

Distancia

18,1 km

Desnivel positivo

974 m

Dificultade técnica

Moderado

Desnivel negativo

974 m

Altitud máxima

591 m

Trailrank

32

Altitud mínima

168 m

Trail type

Circular
  • Foto de REIGADAS e SEIMEIRA, Bogo, Vilarxubín e Sanxés (A Pontenova)
  • Foto de REIGADAS e SEIMEIRA, Bogo, Vilarxubín e Sanxés (A Pontenova)
  • Foto de REIGADAS e SEIMEIRA, Bogo, Vilarxubín e Sanxés (A Pontenova)
  • Foto de REIGADAS e SEIMEIRA, Bogo, Vilarxubín e Sanxés (A Pontenova)
  • Foto de REIGADAS e SEIMEIRA, Bogo, Vilarxubín e Sanxés (A Pontenova)
  • Foto de REIGADAS e SEIMEIRA, Bogo, Vilarxubín e Sanxés (A Pontenova)

Tempo

6 horas 35 minutos

Coordenadas

1988

Fecha de subida

12 de noviembre de 2021

Fecha de realización

noviembre 2021

Filtros Avanzados

Filtra por mes o fecha de grabación. Encuentra rutas solo de personas a las que sigues.

Pásate a Wikiloc Premium Pásate a Premium para eliminar los anuncios
Filtros Avanzados Filtros Avanzados
Sé el primero en aplaudir
Compartir
-
-
591 m
168 m
18,1 km

Vista 82 veces, descargada 1 veces

preto de Villarjuane, Galicia (España)

Esta ruta empeza cerca da ferrería de Bogo (na ferrería non hai sitio para deixar os coches, nos os deixamos nunha explanada que hai nunha pista próxima). Vamos ata a ferrería de Bogo do ano 1534.
------------------------------
Información da ferrería facilitada polo Concello de A Pontenova: As ferrerías son un valioso testemuño do tipo de instalacións siderúrxicas hidráulicas tradicionais que empregaban o forno baixo para a reducción directa do mineral de ferro, e que foron as precursoras dos altos fornos do S. XIX. Formaban parte dun tipo de industria rural que aproveitaba unha serie de recursos básicos para o seu funcionamento: a forza da auga dos ríos para mover os enxeños hidráulicos, amplas zonas forestais dos que obter o carbón vexetal co que reducir o mineral de ferro e, por último, as veneiras ou minas de ferro das que extraer a materia prima coa que elaborar o ferro forxado.

O maior desenrolo desta actividade prodúcese entre os séculos XVI o XIX, pois é entón cando se leva a cabo unha especialización e división do traballo realizado nestas instalacións hidráulicas, diferenciando entre ferrerías maiores (as ferrerías propiamente ditas) e ferrerías menores (os mazos ou machucos). Mentras nas primeiras, os ferróns reducían o mineral de ferro para transformalo en ferro forxado e aceiro, nas segundas, os ferreiros estiraban ese ferro xa forxado para convertilo en ferramentas e apeiros domésticos.

A Ferrería de Bogo, tamén coñecida como Ferrería de Vilaboa, é un bo exemplo deste tipo de instalacións siderúrxicas preindustriais.

Está situada a carón do río Reigadas (de donde obtíña a forza hidráulica para mover os foles e o mazo), en pleno corazón da Fraga de As Reigadas (de esta masa forestal obtíña o carbón vexetal necesario para poder reducir o mineral de ferro) e moi próxima aos xacementos de ferro coñecidos como “As Veneiras” (de donde, case con total seguridade, sacou a maior parte do mineral de ferro que empregou como materia prima).

Aínda que a primeira proba documentada sobre esta ferrería data de 1537, algúns historiadores indican que os comezos desta ferrería remontanse o ano 1534. Existe tamén documentación sobre unha ferrería máis pequena e antiga situada no mesmo lugar donde se atopa a actual e da que non se conserva ningún vestixio.

Na documentación do Catastro de Ensenada (mediados do S. XVIII) constan 2 mazos situados no lugar de Machuco, moi próximos a ferrería de Bogo (ou de Vilaboa) e dos cales aínda podemos observar as ruínas dun deles, o que ven a corroborar o xa comentado sobre a especialización do traballo que se realizaba por un lado na ferrería e por outro nos mazos ou machucos.
---------------------------

Continuamos a ruta pola beira do rio de as Reigadas por camiños de pescadores con pequenas subidas e baixadas e con numerosas pontes de madeira, vamos uns dous kilómetros polo corazón dunha fraga moi ben conservada na que predominan os carballos e os castiñeiros, deviámonos uns 100 metros para ver o muiño da seimeira e a seimeria do muiño (está sinalizada) posteriormente desviámonos da ruta das Reigadas.

Vamos por pista de terra cara Vilarxubín -bonita aldea cunha arquitectura moi interesante- aí vamos seguindo o trazado da ruta da Seimeira (antes era lineal, agora está marcada como circular) que atravesa as fragas de Teixido e Sanxes, pasamos tamén por un par de miradores, chamados “Pena do Castelo” e “Pena de Neira, vense varios muiños, hai unha indicación para baixar ata a seimeira (rio Bidueiro) pero nos so baixamos uns metros, se tes tempo son uns 200 con pronunciada pendente pero vale a pena chegar abaixo-.

Posteriormente vamos ata a aldea de Sanxés onde poderemos admirar unha serie de esculturas de madeira tallada de forma autodidacta por Manuel Marqués, son figuras obtidas a partires dos tocos pulídos dalgunha árbore seca.

Despois de seguir baixando vamos a unha carretera sen tráfico pola que volvemos a cruzar o rio bidueiro e voltamos a Vilarxubín e repetimos os kilómetros iniciais para voltar ao punto de inicio.

Parabéns ao Concello de A Pontenova e a súa oficina de turismo por ter varias rutas de sendeirismo marcadas, e as que coñecemos -Reigadas e Seimeira- son espectaculares.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta