Sé el primero en aplaudir
Vista 1012 veces, descargada 37 veces
preto de As Miráns, Galicia (España)
Esta ruta circular atópase actualmente homologada pola Federación Galega de Montañismo. A través dela ascenderemos por un sendeiro polo val do río Te ata a cima do Monte Muralla. Posteriormente vólvese ata o punto de partida polo mesmo val pero por cotas máis elevadas.
Comezamos a ruta na área recreativa de A Hermida. Na primeira parte do percorrido acompáñanos o río Te. Neste sentido ascendemos pola súa ribeira esquerda. Unha vez cruzada a ponte que nos leva ata a poboación de A Ferreira e deixando esta atrás, atopámonos cun dos puntos de interese máis recomendables, o Pozo Bastón. Chegamos ata el grazas a un desvío, de 700 metros de lonxitude.
Unha vez visitado o pozo e de volta á ruta, ascendemos polo val do río en dirección Bustelo, gañando altura, o que permite comezar a ver a Ría de Arousa. Este camiño lévanos ata o lugar de Campelo, na parroquia de Araño. Aquí teremos a opción de subir ata o alto do Monte da Muralla ou continuar a ruta para comezar a descender.
Se decidimos subir ao monte, atoparémonos cunhas fermosas vistas a Ría de Arousa, ademais de divisar gran parte da costa galega. Deixando atrás o monte da Muralla e baixando de novo ata a aldea de Campelo continuamos o camiño, entre prados e plantacións arbóreas, desta vez pola parte alta do val en dirección ao lugar de Vilar.
Dende aquí, percorreremos os derradeiros quilómetros do sendeiro, descendendo de novo pola ladeira ata chegar ao punto de inicio.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Esta ruta circular se encuentra actualmente homologada por la Federación Galega de Montañismo. A través de ella ascenderemos por un sendero por el valle del río Te hasta la cima del Monte Muralla. Posteriormente se vuelve al punto de partida por el mismo valle pero por cotas más elevadas.
Comenzamos en el área recreativa de A Hermida. En la primera parte del recorrido acompañamos al río Te. En este sentido ascendemos por su ribera izquierda. Una vez se cruza el puente que nos lleva hasta la población de A Ferreira y dejando esta atrás, nos encontramos con uno de los puntos de interés más recomendable, el Pozo Bastón. Se llega hasta él gracias a un desvío de apenas 700 metros de longitud.
Una vez visitado el pozo y de vuelta a la ruta, ascendemos por el valle del río en dirección a Bustelo y vamos ganando altura, lo que permite comenzar a ver la ría de Arousa. Este camino nos lleva hasta el lugar de Campelo, en la parroquia de Araño. Aquí tenemos la opción de subir hasta el alto del Monte da Muralla o continuar la ruta para comenzar a descender.
Si decidimos subir al monte, nos encontraremos unas hermosas vistas a la Ría de Arousa, además de divisar una gran parte de la costa gallega. Dejando atrás el Monte da Muralla y bajando de nuevo hasta la aldea de Campelo, continuamos el camino entre prados y plantaciones arbóreas, en esta ocasión por la parte alta del valle en dirección a Vilar. Desde aquí recorreremos los últimos quilómetros de sendero, descendiendo de nuevo por la ladera hasta llegar al punto de inicio.
Comentarios