Tempo  7 horas 48 minutos

Coordenadas 2473

Fecha de subida 28 de noviembre de 2015

Fecha de realización noviembre 2015

-
-
736 m
44 m
0
6,6
13
26,59 km

Vista 1207 veces, descargada 15 veces

preto de Asadelos, Galicia (España)

Ruta Rio Té
O sendeiro do río Té discorre dende a Ponte da Laxe ata a área recreativa das Miráns. Ao longo do transcurso do río, numerosos muíños dan testemuña da importancia que este tivo na economía local.
Fóra do sendeiro, o percorrido recolle outros elementos de interese na desemboadura do río e tamén no curso alto, na aldea da Ermida.
Durante todo o percorrido vemos un bosque de ribeira no que abundan os ameneiros, os bidueiros, carballos, loureiros, freixos e, no trato final, incluso as abeleiras. O río a estas alturas do outono leva abundante auga que fan o recorrido inda mais bonito…no Pozo Bastón algún bañouse.
Para acceder a ruta facemolo aparcando no Poligono Industrial de Rianxo, despois ao fondo tomamos unha pista asfaltada que sae a man esquerda e metémonos por un carreiro ata o rio. A ruta neste tramo e sinxela, ten paneles explicativos e moi limpa.
As augas do rio van repousadas facendo de espello da súa contorna e atopamonos con algunha represa que vai proporcionar augas as canles que alimentan os muíños
Despois da area recreativa vamos en busca da Poza Batón onde unha Fervenza forma un pequeno estanque natural no río Té de gran atractivo natural, fonte de lendas e supersticións. Debido ó seu calado é posible darse un baño. Accedemos remontando o río Té e pasando pola pequena aldea de Ferrería. Preto do lugar, remontando o río, atópase un muíño. Máis arriba, onde o río se divide en dous, subindo pola marxe dereita atópase unha vella carballeira.
Subida ao Monte Muralla
O Monte Muralla está situado no interior concello de Rianxo, moi preto dos concellos de Lousame, Dodro e Rois. É un miradoiro espectacular sobre a ría de Arousa.

Subida levadeira e cunhas vistas marabillosas dende o comezo, pero co “inconveniente” de levar como compañeiros de camiño os aeroxeneradores do parque eólico de Monte Treito, que se encontra pegado ao Muralla.

A vista panorámica podémola observar facendo un xiro de 360º. As aldeas do concello de Rianxo están aos nosos pés (Campelo, Bustelo e Vilar) e, por suposto, a ría de Arousa, desde a desembocadura do río Ulla, Catoira, Vilagarcía, Cambados, O Grove, e as illas de Cortegada, Arousa, A Toxa, Sálvora… Ons e Cíes, Rianxo, Boiro, Pobra, Ribeira… Vemos en toda a súa amplitude a serra do Barbanza e a continuación de Noia e Muros. Cara ao leste, divísase Santiago de Compostela e eu diria que tamén as torres da Catedral. O estupendo día do que desfrutamos permitiunos divisar con nitidez todo isto pois o ceo estaba bastante claro. Con estas estupendas vistas fixemos o xantar.

O cumio do Muralla álzase a case 660 metros de altitude, 20 m menos que o Iroite, o máis alto da Serra do Barbanza.

Unha vez acadado o cumio e desfrutado das vistas e da conversa, todo o camiño que nos queda é de baixada. Cun pouco de prisa xa que se nos facia de noite e non era plan de encencer os frontais.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta