Tiempo en movimiento  3 horas

Tempo  5 horas 21 minutos

Coordenadas 2499

Fecha de subida 2 de diciembre de 2018

Fecha de realización diciembre 2018

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
139 m
16 m
0
3,7
7,4
14,81 km

Vista 1069 veces, descargada 33 veces

preto de Ribadavia, Galicia (España)

Comezamos a ruta en Ribadavia para logo seguir esta: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/termas-de-prexigueiro-ribadavia-3698003 A idea é facela de ida e volta.
A camiñata é doada pois a mor parte dela descorre pola beira do encoro, cun perfil chan. Tan só a subida á aldea de Prexigueiro tén unha curta, aínda forte, costa. Na fin, pódese tomar un baño, ben no balneario de pago ou ben nunhas pozas a carón do río. Dependendo do nivel deste, poderían estar cubertas. O lugar non está moi acondicionado pero a cambio pódese tomar un baño de forna natural, nudismo incluído.
As paisaxes que atravesamos son fermosas (mágoa o abandono do campo) e o camiño lévanos á xoia prerrománica da capela de San Xes, en Francelos. Esta aldea mostra tamén moi interesantes casas tradicionais que falan dun tempo de mor riqueza e poboamento que a actual.
Atravesamos unha ponte (medieval) sobre o río do Outeiro e vemos, na ladeira de enfronte, a antiga granxa monástica do Outeiro, hoxe restaurada como casa particular.
Subimos á estrada e camiñamos pola berma uns cen metros para logo baixar a carón dunha viña e retomar o camiño. Máis adiante descubrimos un edificio que chama a atenciòn situado por abaixo da vía do tren. Resulta ser unha pequena e discreta central hidroeléctrica.
Chegaremos de novo á estrada e atravesarémola para visitar a dispersa aldea do Prexigueiro e descubrir fontes, unha capela, un cruceiro, casas tradicionais de boa traza...
Baixamos e seguimos as indicacións do balneario. Non ten perda.
Para o retorno ao punto de partida, desviámonos a visitar unha interesante ponte sobre o Cerves, a Ponte do Prexigueiro, que está indicada na rúa de acceso á zona termal. En troques de retornar pola estrada por onde baixaramos, continuamos polo camiño da dereita ata a vía. Camiñamos uns metros pola beira desta e seguidamente xa se separa este antigo camiño real que viña da zona da Frieira cara Ribadavia e que servíu de vía de comunicación durante séculos.Tamén ao pasar o río do Outeiro facemos unha alternativa, seguindo a beira esquerda deste ata a embocadura no Miño, lugar onde está unha depuradora.
Os camiños están transitables aínda que algúns vese que foron desbrozados vai tempo e xa as mimosas están medrando de novo. Non lle viría mal unha pasada de desbrozadora.
Ruta moi interesante, non moi esixente e adecuada para días de mal tempo (salvando que nas partes de camiños antigos hai algo de vexetación). Recomendable.
Sitio relixioso

Comezo

A carón da igrexa do Potal e da de San Domingos.
Parquing

Zona de acampamento de autocaravanas

Ponte

Vía do tren

Río

Río Avia

Río

Embocadura co Miño

Fuente

Fonte

Intersección

Dereita

Deixamos o paseo fluvial para ir cara Francelos.
Monumento

San Xes

Monumento

Francelos

Fuente

Fonte e bar

Ponte

Ponte sobre o río do Outeiro

Intersección

Esquerda

Baixar poa beira dunha viñas pequenas.
Risco

Central hidroeléctrica

Risco

Central eléctrica

Intersección

Dereita

Panoramica

Panorámica

Sitio relixioso

Cruceiro

Fuente

Fonte

Sitio relixioso

Capela

Fuente

Fonte

Augas termais

Poza termal

Augas termais

Balneario antigo

Ponte

Ponte do Prexigueiro

Ponte

Viaducto

Risco

Depuradora

2 comentarios

  • Foto de jadocabo

    jadocabo 13-sep-2019

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    Despois da ponte medieval, o tramo que vai pegado a vía do tren, non o topei, o final metinme po las viñas ata topalo. O resto ben.

  • Foto de Tío_Pepe

    Tío_Pepe 15-sep-2019

    Efectivamente, cómpre camiñar un anaquiño pola beira da vía ata atopar o camiño. Xa está explicado na descrición da ruta.
    Grazas por comentar. Que teñas boas camiñatas.

Si quieres, puedes o esta ruta