-
-
446 m
306 m
0
2,7
5,3
10,64 km

Vista 38 veces, descargada 1 veces

preto de Pena, Galicia (España)

Ruta ao longo do Val do Rego Rendal. Iniciamos a Ruta xunto ao albergue de Ribadiso (tamén se podería iniciar xunto a area recreativa) collemos o Camiño de Santiago en sentido contrario ata a estrada vella Lugo-Santiago, alí collemos a esquerda, seguimos por esta estrada e deixamos dúas pistas a esquerda, collemos a terceira que nos leva a parte alta do lugar da Reboira e posteriormente baixamos ata o regato Rendal para continuar cara Golán. Ao chegar ao lugar da Uceira collemos un camiño a esquerda que nos levará de novo ao regato o cal cruzamos para chegar a Fucarelos. Seguimos ata Rendal de Abaixo e despois de cruzar o regato chegamos ao Camiño de Santiago e posteriormente ao lugar de inicio.
Ruta fácil por pistas de concentración no concello de Arzúa e por camiños tradicionais no concello de Melide. Poderemos apreciar a paisaxe tradicional na parroquia de Golán (Melide) e a nova paisaxe xurdida despois da concentración parcelaria na parroquia de Rendal (Arzúa) con grandes pradeiras e grandes extensións de cultivo do eucalito que está gañando terreo a marchas forzadas.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta