-
-
678 m
514 m
0
1,4
2,7
5,42 km

Vista 2461 veces, descargada 15 veces

preto de Doade, Galicia (España)

Saímos do lugar de Os Palleiros, no concello de Monforte e rematamos en Doade, no concello de Sober. Podemos, despois de deixar o coche e antes de comenzar dende os Palleiros, visitar o Mirador Do Duque, seguindo a estrada ladeira abaixo, para, despois de contemplar as vistas retornar ao lugar onde iniciamos a andaina. O percorrido está bastante ben sinalizado, pois forma parte dun PRG que comenza en Augasmestas. Na primeira parte camiñaremos por unha pista de terra que se abriu moi recentemente. Monte baixo e piñeiros para seguir con castiñeiros, carballos, bidueiros... ata chegar á ladeira con maior pendente, case de carreiro de cabras, cunhas vistas impresionantes do río Sil e os sucalcos coas viñas, exemplo da chamada viticultura heroica. Despois de pasar o Mirador da Pena do Castelo coa capela de San Mauro, chegaremos ao souto de Valguaire cos seus castiñeiros milenarios, aínda que algúns atópanse bastante afectados por enfermidades, é unha mágoa que o monte de piñeiros que está ao carón lle quite a luz ás árbores estas, xa que as máis próximas aos piñeiros xa secaron hai tempo. Rematamos en Doade onde hai varios lugares para xantar, e tamén adegas da denominación de orixe Ribeira Sacra. Podemos achegarnos, a menos de 1km., ao Priorato de Doade -case en ruína- que coa desamortización de Mendizábal pasou a mans privadas e, moi perto, á Igrexa parroquial de San Martiño, dos séculos XVII - XVIII.

1 comentario

  • frufruorigami 02-dic-2013

    Creo que probaré a hacerla este fin de semana. Muchas gracias!

Si quieres, puedes o esta ruta