• Foto de Ribeira Sacra do Sil Os Palleiros - Parada (Lugo)
  • Foto de Ribeira Sacra do Sil Os Palleiros - Parada (Lugo)
  • Foto de Ribeira Sacra do Sil Os Palleiros - Parada (Lugo)
  • Foto de Ribeira Sacra do Sil Os Palleiros - Parada (Lugo)
  • Foto de Ribeira Sacra do Sil Os Palleiros - Parada (Lugo)
  • Foto de Ribeira Sacra do Sil Os Palleiros - Parada (Lugo)

Coordenadas 8988

Fecha de subida 16 de julio de 2012

Fecha de realización julio 2012

-
-
30 m
30 m
0
6,5
13
26,16 km

Vista 1356 veces, descargada 10 veces

preto de Doade, Galicia (España)

Dende Os Palleiros (concello de Sober) a Parada, preto de Augasmestas, no concello de Quiroga. É un tramo do PRG 187 ao que se lle recorta o percorrido entre Doade e Os Palleiros. Non é unha ruta circular polo que a volta dende Parada pode ser un problema de non contar con dous coches a cada punta do percorrido; a solución que nós lle dimos foi a de camiñar pola N-120 ata Rairos onde o propietario dun Mesón que alí hai, tivo a amabilidade de chamarnos un taxi que nos levou de novo a Os Palleiros por menos de 40 € (40 Km.). Outra posibilidade é a de ir ata San Clodio (do concello de Parada de Sil, aínda que está perto de Quiroga) onde está a estación de ferrocarril. Alí podemos coller o tren Expreso das 19.10 ou o tren Alvia das 19.57 ata Monforte e, dende Monforte, en taxi a Os Palleiros.
A dificultade ven determinada pola lonxitude e por algunhas pendentes pronunciadas. O Roteiro PRG 187 ten algunhas eivas –unhas cuantas moi importantes- que as institucións implicadas no seu mantemento deberan solucionar, e máis tendo en conta que está en uso só dende primeiros deste ano 2012. A máis destacada é que estase a facer intransitable en varios puntos porque a maleza -toxos e silvas sobor de todo, pero tamén herba e fieitos- pechan o paso. En algúns lugares o camiñante atópase coa situación de que os indicadores sinalan o camiño nun sentido pero os propietarios –supoñemos- impiden o paso por medio de mallas ou calquera outro obstáculo. Por exemplo, antes da aldea de O Colado uns cordóns cortan o paso por onde os mollóns de sinalización indican o camiño. É certo que esa leira está sementada con herba castelá e non sería lóxico atravesala por enriba, pero bordeándoa non se causa ningún dano e os concellos ou organismos de quen dependa a ruta deberían aclarar co propietario como se soluciona eso ou ben darlle outro trazado ao percorrido se non hai acordo. Tamén na ladeira das viñas de Vilachá e a Ribeira de Val de Frades, unha malla cinexética corta o paso, dous mollóns de sinalización están dentro do terreo dunha viña. Se a malla é só para impedirlle o paso a corzos e xabaríns e non ás persoas, estaría ben indicalo nun cartel e pedirlle aos camiñantes que a repoñan no seu lugar logo de pasar. Entre os lugares de Forcadela, A Lagoa e a aldea de Vilacha hai vertedoiros de entullo e lixo, tamén perto do Regueiro de Lobaño -xa próximo a Parada- hai outro depósito de entullo e lixo, a carón dunha vivenda abandoada que quedou sen rematar a construción. Os concellos deberan vixiar esto e a actitude dos veciños desas aldeas e lugares tamén debera ser outra. Seguramente o futuro desta comarca vai estar moi ligado á enoloxía e ao turismo cultural e da observación da natureza e, polo tanto, é imprescindible coidar o medio ambiente. Nas fotos que se acompanan van mostras do que non se debe facer e da beleza da Ribeira Sacra

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta