Tiempo en movimiento  2 horas 50 minutos

Tempo  4 horas 46 minutos

Coordenadas 2335

Fecha de subida 15 de febrero de 2020

Fecha de realización febrero 2020

-
-
367 m
86 m
0
3,4
6,7
13,46 km

Vista 8 veces, descargada 0 veces

preto de Ribela, Galicia (España)

Ruta amena e bastante doada, que pasa por lugares fermosos.
Feita a partir desta: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/roteiro-circular-coles-y-barra-de-mino-21682992 con variacións. (Para este percorrido hai moitas outras rutas subidas pou outros sendeiristas). Comézoa en Ribela por ser o punto máis baixo do percorrido ademais de por ser un lugar de doado acceso, en especial dende a cidade de Ourense. Boa parte dela transita por carballeiras polo que é abrigada. Pasa por varias aldeas onde podemos observar elementos interesantes da arquitectura popular e tamén da máis elaborada, a eclesial e pacega.
Case toda vai por camiños e carreiros, en xeral limpos. Hai algún punto no que nesta altura do ano, se atopa auga e lama. Están indicados con waypoints e non presentan impedimento para transitar, aínda que con xeito. Só hai un punto onde é incómodo tanto pola lapacha do chan coma por estar pechada a corredoira; é a seguir da aldea de Cruceiros (está indicado cun way) Sería conveniente buscar unha alternativa: pasar polos prados, ir pola estrada... aínda que é transitable apartando algunha silveira e demais.
A visita ao núcleo de Coles non parece ter moito interese, polo que recomendaría dar a volta dende a igrexa (S. Xoán de Coles), sendo este ademais a parte máis alta da ruta.
O descenso realízase seguindo o regato de Gustei e o Lusín. Primeiro hai unha parte bastante cómoda e con fermosos muiños restaurados ou ruinosos. Logo a pendente increméntase e nalgún momento hai perigo de esvarar porque non está acondicionado o sendeiro. Cumprirían uns chanzos; en caso de choiva pode ser perigoso. Tamén indicar que perto xa do final, hai un vao que co caual que leva na actualidade o regueiro non se pode atravesar sen mollarse. Cabe a posibilidade (non sei se autorizada) de entrar nunha finca por unha cancela non pechada, e pasar por unha pontella que dá entrada a esta finca dende o camiño...
Remátase xunto a dous restaurantes grandes (de eventos) polo que pode ser unha alternativa para xantar...
parquing

Comezo

Ponte

Ponte revestida de madeira.

Intersección

Esquerda

Seguimos pola estrada, aínda que o sendeiro acondicionado parece dirixirse na dirección que levamos...
Intersección

Non é por este camiño que sae á dereita!

Intersección

Dereita

Intersección

Dereita

Ponte

Ponte do tren.

Edificio de interés

Aldea de Casanova

Intersección

Dereita e cruceiro

Lago

Lapacheiro (lama)

Con botas e buscando o menos mollado, pásase sen problema
árbol

Carballeira

Lago

Lapacheiro 2

fuente

Lavadoiro. Levices

Auga non potable, polo que se ve.
Intersección

Volta pola aldea e saída cara abaixo.

Intersección

Esquerda

Edificio de interés

Belesar

Edificio de interés

Pazo

Parada de tren

Barra de Miño

foto

Carreiro

Intersección

Dereita

Información

Indicación para Campo de Vila (Meigodevila)

Arquitectura religiosa

Igrexa de San Miguel de Melias

Intersección

Esquerda e dereita

Intersección

Comezo de mal camiño. Mellor pola esquerda (prado)

Risco

Camiño malo

En realidade, pásase. Pero non hai outra icona...
Intersección

Cruce

Intersección

Esquerda.

Intersección

Esquerda

Edificio de interés

Paradela

fuente

Fonte.

Intersección

Esquerda e pedras cabaleiras

Cova

Pedra furada

Intersección

Dereita

Intersección

Derivación cara Coles

Arquitectura religiosa

Cruceiro e igrexa de S. Xoán de Coles

Edificio de interés

Coles

Edificio de interés

Muíños

foto

Pedra cabaleira

Edificio de interés

Muíño

Edificio de interés

Casarío Seoane

Información

Esquerda. Camiño dos mortos.

Intersección

Esquerda

Fervenza

Cachón

Río

Embocadura do regato Lusín e o Gustei

Risco

Vao (ou paso por unha finca)

Hai cancelas non pechadas que parecen convidar a pasar por dentro dunha finca e pola pontella que sae dela...
Edificio de interés

Aldea Outeiro de Rivela

parquing

Fin. (Con sol, mellor!)

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta