Tempo  36 minutos

Coordenadas 443

Fecha de subida 27 de noviembre de 2018

Fecha de realización noviembre 2018

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
88 m
5 m
0
0,7
1,3
2,68 km

Vista 253 veces, descargada 9 veces

preto de Vixoi, Galicia (España)

Galego / Castellano

Galego:

Esta ruta comeza no lugar de Callou, parroquia de San Fiz de Vixoi. Para chegar alí podemos facelo a través da estrada AC-161, desde o lugar de Miodelo, pasando por Pisón ata San Victorio (en Vixoi) e desviándonos á esquerda, pasado o local veciñal, en dirección a Callou. Continuando recto, a 1,1 Km. atoparemos o inicio da ruta, á esquerda, marcada cun panel informativo.
Tamén podemos chegar desde a AC-164 continuando pola CP-0801, por Rois, cara a Vixoi e, de aí, da mesma forma que polo outro acceso.
Existe mesmo a posibilidade de facelo pola N-VI desviándonos na parroquia de Cortiñán, polo lugar da Fraga, cara a Callou enlazando coa estrada que, como nos casos anteriores baixa desde Vixoi.
Iniciamos o camiño por unha pista con bo firme flanqueada por bidueiros, salgueiros e algún castiñeiro e carballo ata que chegamos ao primeiro xiro á esquerda continuando tamén por pista ata o lugar onde colleremos á dereita deixando a pista e continuando por un carreiro esteirado (é outono) polas follas das árbores.
Máis adiante atravesaremos unha ponte e chegaremos ao muíño da Serra, en ruínas, e que segundo consta nun panel informativo aparecía relacionado no catastro do Marqués da Ensenada (páxina 180 Bergondo - Vixoi). Non conseguimos saber onde comezaba a canle que desviaba a auga ao muíño. Pasado o muíño atravesamos outra ponte de madeira para pasar á marxe dereita, en sentido descendente, do río.
Paso de madeira de novo á esquerda e un pouco arriba xiro á dereita continuando debaixo dunha rede de tendido eléctrico que nos pode servir de referencia. Chegamos á última ponte de madeira para pasala virando á esquerda e incorporándonos a unha estrada que vai ao lugar de Pisón. Aquí xa perdemos o río Callou que cruzando por baixo do camiño diríxese, á dereita duns invernadoiros que se ven ao fondo, cara ao lugar de Miodelo.
Antes de chegar a Pisón observamos, á esquerda, unha faia de considerable altura e grosor e que xa case dende a base ten varias polas galladas que crecen verticais.
Chegados a Pisón viramos á dereita para 50 m. máis abaixo facelo á esquerda seguindo por unha pista entre vivendas. Pouco despois, indo cara á dereita, continuamos por un carreiro para pasar por un túnel debaixo da autoestrada AP-9. Novamente imos cara á dereita para chegar á fonte da Xaralleira, á beira do río que lle dá nome, e situada, á beira da autoestrada e no medio de canas de bambú.
Desde aí continuamos polo camiño, seguindo o río Xaralleira, ata o final da ruta, en Miodelo, onde conflúen o rego Callou, o Xaralleira e o rego de Miodelo; morrendo na xunqueira da ría de Ares – Betanzos.
Como ida e volta son pouco máis de 5 Km. podemos facela un pouco máis longa se desde Miodelo volvemos pola estrada que vai, por Pisón, a San Fiz de Vixoi e, pasando polo pazo de Cortón (nel viviu Xoán Vicente Viqueira (https://gl.wikipedia.org/wiki/Xo%C3%A1n_Vicente_Viqueira ) que era neto de José López Cortón e coñecido polas obras que escribiu sobre Filosofía -pertenceu á Institución Libre de Enseñanza- e sobre Educación e sobre todo polo seu pensamento político nacionalista, sendo membro das Irmandades da Fala) dirixímonos á esquerda, pasado o local veciñal de San Victorio, para despois de andar 1,1 Km, sempre de fronte, chegar ao lugar onde comezamos a ruta.
Xa que no lugar de inicio non hai moito máis espazo que para un coche, é tamén boa opción deixalo arriba, xunto ao local veciñal, e comezar aí o paseo.
Coordenadas do punto de inicio:
Latitude: 43º 17' 4,95" N.
Lonxitude: 8º 14’ 0,44’’ W


Castellano:

Esta ruta comienza en el lugar de Callou, parroquia de San Fiz de Vixoi. Para llegar allí podemos hacerlo a través de la carretera AC-161, desde el lugar de Miodelo, pasando por Pisón hasta San Vivtorio (en Vixoi) y desviándonos a la izquierda, pasado el local vecinal, en dirección a Callou. Continuando recto, a 1,1 Km. encontraremos el inicio de la ruta, a la izquierda, marcada con un panel informativo.
También podemos llegar desde la AC-164 continuando por la CP-0801, por Rois, hacia Vixoi y, de ahí, de la misma forma que por el otro acceso.
Existe incluso la posibilidad de hacerlo por la N-VI desviándonos en la parroquia de Cortiñán, por el lugar de A Fraga, hacia Callou enlazando con la carretera que, como en los casos anteriores baja desde Vixoi.
Iniciamos el camino por una pista con buen firme flanqueada por alisos, sauces y algún castaño y roble hasta que llegamos al primer giro a la izquierda continuando también por pista hasta el lugar en donde cogeremos a la derecha dejando la pista y continuando por un sendero alfombrado (es otoño) por las hojas de los árboles.
Más adelante atravesaremos un puente y llegaremos al molino de la Serra, en ruinas, y que según consta en un panel informativo aparecía relacionado en el catastro del Marqués de la Ensenada (página 180 Bergondo - Vixoi). No conseguimos saber donde comenzaba el canal que desviaba el agua al molino. Pasado el molino atravesamos otro puente de madera para pasar a la margen derecha, en sentido descendente, del río.
Paso de madera de nuevo a la izquierda y un poco arriba giro a la derecha continuando debajo de una red de tendido eléctrico que nos puede servir de referencia. Llegamos al último puente de madera para pasarlo girando a la izquierda e incorporándonos a una carretera que va al lugar de Pisón. Aquí ya perdemos el río Callou que cruzando por debajo del camino se dirige, a la derecha de unos invernaderos que se ven al fondo, hacia el lugar de Miodelo.
Antes de llegar a Pisón observamos, a la izquierda, un haya de considerable altura y grosor y que ya casi desde la base se bifurca en varias ramas que crecen verticales.
Llegados a Pisón giramos a la derecha para 50 m. más abajo hacerlo a la izquierda siguiendo por una pista entre viviendas. Poco después, yendo hacia la derecha, continuamos por un sendero para pasar por un túnel debajo de la autopista AP-9. Nuevamente vamos hacia la derecha para llegar a la fuente de A Xaralleira, al lado del río que le da nombre, y situada, al lado de la autopista y en medio de cañas de bambú.
Desde ahí continuamos por el camino, siguiendo el río Xaralleira, hasta el final de la ruta, en Miodelo, donde confluyen el río Callou, el Xaralleira y el arroyo de Miodelo; muriendo en el juncal de la ría de Ares – Betanzos.
Como ida y vuelta son poco más de 5 Km. podemos hacerla un poco más larga si desde Miodelo volvemos por la carretera que va, por Pisón, a San Fiz de Vixoi y, pasando por el pazo de Cortón (en él vivió Xoán Vicente Viqueira https://gl.wikipedia.org/wiki/Xo%C3%A1n_Vicente_Viqueira
que era nieto de José López Cortón y conocido por las obras que escribió sobre Filosofía -perteneció a la Institución Libre de Enseñanza- y sobre Educación y sobre todo por su pensamiento político nacionalista, siendo miembro de las Irmandades da Fala) nos dirigimos a la izquierda, pasado el local vecinal de San Victorio, para después de andar 1,1 Km, siempre de frente, llegar al lugar donde comenzamos la ruta.
Como en el lugar de inicio no hay mucho más sitio que para un coche, es también buena opción dejarlo arriba, junto al local vecinal, y comenzar ahí el paseo.
Coordenadas del punto de inicio:
Latitud: 43º 17' 4,95" N.
Longitud: 8º 14’ 0,44’’ W

Ver más external

Poucos metros máis abaixo cruzamos de novo á marxe esquerda por unha ponte de madeira.
Rego de auga que desemboca en Miodelo
Chegamos á última ponte de madeira que nos leva á marxe dereita, xusto antes de incorporarnos a unha estra estreita.
Antes de chegar a Pisón atopamos, á esquerda unha faia de boas dimensións e gallada dende a base do tronco.
Poste que nos indica que debemos deixar a estrada e continuar por unha pista entre vivendas.
Deberemos pasar por un túnel por debaixo da autopista A9.
Xiro á dereita cara á fonte e o rego da Xaralleira
Chegamos a Miodelo, onde remata a ruta á beira da AP e dun parque infantil pola outra banda.
Xirando á esquerda incorporámonos á estrada que leva a Pisón.
Deixamos a pista e continuamos por un carreiro.
Logo de pasar o Muíño da Serra atravesamos para a marxe dereita do río.
Poste, chegando á estrada que ven de Miodelo, que indica un xiro á dereita continuando pola estrada cara abaixo.
Pasada a ponte xiramos á dereita. Por riba vese unha liña de condución eléctrica.
Fonte ao outro lado da autopista A9, sen cano e no medio de canas de bambú
Inicio da ruta en Callou. Para un coche hai sitio para aparcar, se son máis é mellor deixalos no lugar de San Vitorio, en Vixoi.
Poste indicador de xiro á esquerda pero continuando pola pista.
Poste indicador de xiro á dereita. Deixamos a pista e continuamos por un carreiro.
Ponte de madeira que cruza o río Callou á marxe esquerda no sentido descendente.
Muíño da Serra. Según se informa nun panel, parece ser que este muíño aparecía relacionado no catastro do Marqués de la Ensenada.

3 comentarios

  • Foto de Jâron

    Jâron 16-mar-2019

    Muchas gracias por la ruta. La hemos hecho hoy con los niños y está estupenda. Una pena que no sea un par de kms más larga.

  • Foto de Jâron

    Jâron 16-mar-2019

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Estupenda ruta para ir con niños.

  • Foto de gandaia

    gandaia 26-mar-2019

    Moitas grazas, Jâron, por comentala. E sí, é unha pena que non tivera máis lonxitude, pero hai tamén a posibilidade de, ben nun sentido ou no outro, retornar pola estrada que vai de Miodelo a Vixoi por Pisón como xa propoño na descrición da ruta, aínda que esta posibilidade ten o problema de que a estrada non ten beiravías.
    Saúdos.

Si quieres, puedes o esta ruta