-
-
149 m
24 m
0
4,2
8,3
16,64 km

Vista 2150 veces, descargada 57 veces

preto de Puentevea, Galicia (España)

É unha ruta circular de dificultade media-facil, na primeira mitade non hai moita sombra, e na segunda mitade hai moita sombra, son arredor de 16 km e levou arredor de 4 horas. Se a vas facer con sol, se vas pola mañá aconselloche facela como está aqui, pero se a vas facer pola tarde aconsellocha facela ao reves, para coller sombra cando o sol ten máis forza.
A maior parte da ruta discurre polo Concello de Teo, pero tamén se vai algo polo de Vedra. A ruta empeza cruzando a pontevella de Pontevea, despois vamos paralelos ao Ulla ata a burga de Xermeade (augas sulfurosas) e ao pouco separámonos do Ulla para pasar polo lugar de Vilar, santuario e cruceiro de Santa Marta, lugares de Campos e Noceda, cruzaremos o rio Pereiro pola ponte Pedreira -feita con cartos de emigrantes polo ano 1925-, igrexa de Trobe, e volvemos ao Ulla, seguindo paralelos a él ata volver ao punto de inicio, pasando pola carballeira de Agromaior (pero non se conservan moitos carballos, está bastante invadida por outras especies). Para min esta ruta sería máis interesante se fora posible ir máis tempo pola beira do Ulla por camiños de pés, pero non é posible pois non hai camiño.
Esta ruta foi feita polo Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés o 15 de xuño de 2014. Collimos de referencia unha ruta de Paraisa "Ruta ás beiras do Ulla" de 24 km e quitámoslle algún tramo.

Ver más external

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta