Coordenadas 746

Fecha de subida 2 de marzo de 2015

Fecha de realización marzo 2015

-
-
74 m
17 m
0
3,0
6,0
11,95 km

Vista 1963 veces, descargada 38 veces

preto de Sub-Igreja, Viana do Castelo (Portugal)

O río Vez ten o seu nacedeiro nas abas da Serra de Soajo, no Parque Nacional de Peneda-Gerês e, logo de atravesar Arcos de Valdevez ao longo de 36 Km, tributa na marxe dereita do río Lima, a altura de Ponte da Barca.
O noso percorrido vai acompañar ao Vez pola súa ribeira dereita, desde a ponte medieval de Vilela ata a Ponte da Vila, xa no casco de Arcos.
A citada Ponte de Vilela, cos seus dous arcos apuntados data do século XIII e une as freguesías de Vilela e Aboim de Choças. Aquí acampou Alfonso VII, rei de Castela e León, cando tivo lugar o Torneo de Arcos de Valdevez no ano 1128.
Logo da rotura da Paz de Tui, Alfonso Henriques invadiu Galicia o que motivou a ocupación das terras de Arcos polo rei leonés e para evitar o enfrentamento dos dous exércitos acordaron que combatirán o mellor cabaleiro por cada bando no Torneio de Arcos de Valdevez e que rematou coa vitoria do xinete portugués.
O noso paseo transcorre polas ourelas dun río caudaloso xa remanso e de ancha canle que de cando en vez represa para alimentar as levadas dos muíños. O río é troiteiro e está atravesado por dous pontillóns de pedra, o de Río de Moinhos e o de Aguiã, encravado éste nunha contorna de senlleira fermosura.
Co discorrer das augas pasaremos por varios observatorios de aves e finalmente acadamos o núcleo de Arcos de Valdevez, vila tranquila vertebrada polo río que aquí aproveitase como zona de paseo e lecer.
Conta Arcos cun pequeno casco histórico con igrexas barrocas coma as do Espíritu Santo, Matriz e a da Lapa.

Ver más external

refugio libre

Arcos de Valdevez

Vila portuguesa as beiras do río Vez.
amarre

Cais 1

Pequeño atraque para lanchas no río Vez.
amarre

Cais 2

Pequeno amarre para lanchas no río Vez.
Ruinas

Casa moinho 1

Vivenda con muíño no río Vez.
foto

Casa moinho 2

Muíño e vivenda no río Vez.
foto

Escultura cabalos

Escultura ecuestre rememorando o Torneio de Arcos de Valdevez.
fuente

Fonte

Fonte na área de lecer en Arcos de Valdevez.
Río

Levada

Desvío de augas no río Vez para alimentar un muíño.
Ruinas

Moinho 1

Muíño nas beiras do río Vez.
foto

Moinho 2

Muíño nas beiras do río Vez.
foto

Moinho 3

Muíño no río Vez.
Ruinas

Moinho 4

Muíño as beiras do río Vez.
foto

Moinho 5

Muíño na ribera do río Vez.
foto

Moinho 6

Muíño no río Vez.
Lugar de observación de aves

Observatorio Aguia

Observatorio de aves na freguesía de Aguiã.
Lugar de observación de aves

Observatorio Gondoriz

Observatorio de aves na freguesía de Gondoriz.
Lugar de observación de aves

Observatorio Prozelo

Observatorio de aves no río Vez ao seu paso pola freguesía de Prozelo.
Lugar de observación de aves

Observatorio Rio de Moinhos

Observatorio de aves na freguesía de Río de Moinhos.
Lugar de observación de aves

Observatorio Sabadim

Observatorio de aves na parroquia e Sabadim.
Waypoint

Pasarela 1

Pasarela de madeira polo borde do río Vez.
Waypoint

Pasarela 2

Pasarela de madeira pola beira do río Vez.
Waypoint

Pasarela 3

Paso de madeira nas marxes do río Vez.
Ponte

Pasarela 4

Paso sobre o río Vez na vila de Arcos.
Ponte

Pasarela 5

Ponte metálica peonil sobre o río Vez no centro da vila de Arcos.
Ponte

Ponte

Ponte dunha estrada.
Ponte

Ponte da Vila

Ponte do século XIX no centro de Arcos de Valdevez.
Ponte

Ponte de Vilela

Ponte con dous arcos apuntados, feita no século XIII. Une as freguesías de Vilela e Aboim das Choças.
Ponte

Pontella Rio Moinhos

Pontillón de pedra sobre o río Vez, na freguesía de Río de Moinhos.
Ponte

Pontellla Gondoriz

Pontillón de pedra sobre o río Vez, na freguesía de Gondoriz.
Río

Rego

Regato pola beira dereita do río Vez.
Río

Represa 1

Presa no río Vez, a poucos metros da Ponte de Vilela.
Río

Represa 10

Presa no río Vez, no centro de Arcos de Valdevez.
Río

Represa 2

Presa no río Vez.
Río

Represa 3

Presa no río Vez para alimentar un muíño.
Río

Represa 4

Presa para o desvío de auga para un muíño.
Río

Represa 5

Presa para alimentar un muíño no río Vez.
Río

Represa 6

Presa no río Vez.
Río

Represa 7

Presa que alimenta unha levada.
Río

Represa 8

Presa no río Vez, na freguesía de Prozelo.
Río

Represa 9

Presa que alimenta a levada dun muíño no río Vez.

1 comentario

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 27-jul-2015

    Se continuamos río embaixo dende Arcos de Valdevez, a ecovía segue algún quilómetro máis cara a Ponte da Barca.

Si quieres, puedes o esta ruta