Tempo  5 horas 34 minutos

Coordenadas 1393

Fecha de subida 27 de febrero de 2019

Fecha de realización febrero 2019

-
-
347 m
112 m
0
3,2
6,3
12,65 km

Vista 474 veces, descargada 28 veces

preto de Ribela, Galicia (España)

O noso roteiro case vén cadrando co circular C1 que o concello de Coles ten deficientemente sinalizado polas parroquias de Melias, A Barra e Ribela (ou Rivela) e que nós comezaremos ao carón do embarcadoiro deportivo desta última parroquia.

Facendo o percorrido no sentido das agullas do reloxo, subimos cara a aldea de Outeiro para deseguido facer a parte máis costenta e a vez máis fermosa xa que nos mergullamos nunha frondosa fraga de carballos, sobreiras e érbedos e na compaña do murmurio das rápidas augas do regato de Lusín e o seu tributario o regacho de Gustei, que por veces caen en forma de seimeiras. Subida a pendente avanzamos polo Camiño dos Mortos por corredoiras que levan a Seoane e de novo asomamos as beiras do Lusín con varios muíños hidráulicos e máis fervenzas.

A seguinte aldea será Paradela e os vieiros que nos levan ata alí serán a sombra de bosques nos que se erguen enormes bolos graníticos, sendo estas formacións de penedos nos outeiros os que dan nome ao concello de Coles -do latín “collis”, colina: outeiro-.

Máis carballos e comeza xa a baixada para atopármonos coa igrexa románica de San Miguel de Melias e desde aquí unha congostra con engaloiantes vistas sobre o Miño lévanos ata A Barra, por riba da estación do tren.

Da aldea de Belesar de Barra de Miño imos a Levices e Casanova entre congostras, valos dos predios e arboredas para rematar a nosa andaina no clube náutico de Ribela.

Ver más external

Foto

Belesar

Lugar na parroquia de Barra de Miño.
Foto

Bolo

Bolo granítico.
Foto

Camiño 1

Vieiro na aldea de Souto.
Foto

Camiño 2

Vieiro entre as aldeas de Levices e Casanova.
Foto

Camiño 3

Vieiro entre Ribela e Casanova.
Foto

Camiño dos Mortos

Antigo camiño de defuntos entre Sequeiros e Outeiro de Ribela.
Árbol

Carballeira

Bosque de carballos entre Souto e Paradela.
Foto

Carreiro

Sendeiro en Barra de Miño.
Foto

Casanova

Aldea do concello de Coles.
Waypoint

Comezo Coles

Punto de inicio do roteiro no clube náutico de Ribela.
Foto

Cruceiro

Cruceiro na aldea de Casanova.
Fervenza

Fervenza 1

Salto no regato de Lusín.
Fervenza

Fervenza 2

Cascada no regacho de Gustei.
Fervenza

Fervenza 3

Cascada no regato de Lusín.
Foto

Lavadoiro

Lavadoiro na aldea de Levices.
Foto

Levices

Aldea no concello de Coles.
Ruinas

Muiño 1

Muíño hidráulico as beiras do regato de Lusín.
Ruinas

Muiño 2

Muíño hidráulico as beiras do regato de Lusín.
Ruinas

Muiño 3

Muíño hidráulico as beiras do regato de Lusín.
Foto

Outeiro de Ribela

Lugar na parroquia de Ribela.
Foto

Paradela

Lugar no concello de Coles.
Foto

Penedos

Bolos graníticos.
Árbol

Piñeiral

Bosque de piñeiros en Ribela.
Río

Rego de Lusin

Afluente do río Miño pola marxe dereita.
Foto

Ribela

Parroquia do concello de Coles.
Sitio relixioso

San Miguel de Melias

Igrexa románica na parroquia de Melias.
Foto

Sendeiro

Carreiro en Ribela.
Foto

Seoane

Aldea no concello de Coles.
Panoramica

Vistas Miño

Vistas sobre o Miño desde A Barra.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta