-
-
384 m
92 m
0
2,6
5,2
10,46 km
Vista 3848 veces, descargada 33 veces
preto de Covelo, Galicia (España)
O treito aquí reseñado é unha parte do Roteiro AQA, correspondendo a parte lineal do percorrido (amais hai un trazado circular que pasa pola praia fluvial de Maceira). Está promovido polo concello de Covelo e conta con sinalización.
Ten o seu inicio ao carón do pavillón polideportivo que está no centro de Covelo e deseguido xa nos metemos pola contorna rural por un carreiro que vai ata a aldea de O Mangón. Ao chegar a unha cruz seguimos de fronte por unha carballeira, chegando ao rego de Ponte Piñeiro nunha zona vizosamente arborada e con dous antigos muíños preto da ponte.
Subimos por unha corredoira empedrada entre carballos e muros tapizados pola verde carriza cara a Gorgullón e ao chegar a unha almiña faremos un pequeno desvío para ver a capela de San Bieito de Pazos. Retomamos o noso camiño e nos internamos nunha área de monte baixo, ata chegar a Lourido. Aquí pérdense as marcas de sendeiro e procuraremos o punto alto da aldea, onde está a ermida da Nosa Señora da Escravitude.
Agora temos que baixar para continuar polo camiño que nos leva ata os ben conservados pasos de Lourido. Por estas poldras pasamos a outra beira do río Tea e deixando atrás unha cruz nos situamos na área de lecer de Redondo, onde están a capela de San Xosé e unha antiga escola unitaria.
Este treito entre Lourido e Redondo é común ao percorrido circular do Roteiro AQA.
O seguinte será pasar polo cruceiro de Pedrafurada e logo continuar por Redondo, con súas antigas casas de pedra. Abandonamos a aldea e nos mergulamos entre frondosas pola ribeira do río Caraño, que atravesaremos pola antiga ponte de Portofurado. Aquí, e ao carón dun área de lecer, atoparemos catro muíños restaurados.
Desde este punto a ruta que propoño xa non coincide coa oficial xa que fuximos da estrada e o que faremos será seguir por corredoiras que asoman ao val do río Alén, ata chegar a igrexa de San Martiño e a reitoral de Barciademera, con súa impoñente portada barroca.
Subimos finalmente para rematar o noso percorrido na praciña de Barciademera.

Si quieres, puedes dejar un comentario o valorar esta ruta
Comentarios