Tempo  9 horas 13 minutos

Coordenadas 1878

Fecha de subida 16 de mayo de 2015

Fecha de realización mayo 2015

-
-
438 m
160 m
0
5,5
11
21,91 km

Vista 843 veces, descargada 19 veces

preto de Ventosela, Galicia (España)

Este percorrido iniciámolo no lugar de Castiñeira para percorrer a senda das pedras de Ventosela, para continuar e facer a maior parte da senda arqueolóxica de Amoedo.

Na primeira parte atopamos, ademais de unhas boas vistas panorámicas, unha serie de pedras como a laxe das abellas, a taió, a erosionada e a que fala, aínda que non nos dixo nin palabra.

A partir de aquí, xa nos internamos de cheo na outra senda, a arqueolóxica de Amoedo, que comenzou a súa andaina a finais de 2011, non sendo ata a primavera de 2014 no que o percorrido está realizado na súa totalidade. Encontramos primeiro a Cama do Vello, cuxa lenda di que un fillo levou ao seu vello pai a esa laxe para abandonalo a súa sorte, algo habitual en certas sociedades onde coidar a alguén que deixou de ser produtivo para a comunidade, resultaba unha carga.

Na continuación existen máis de 80 petróglifos e 23 mámoas. Amoedo conta con 20 de esas mámoas de norte a sur. Hai uns 6000 anos e durante dous milenios, en Galicia comezouse a enterrar os mortos nunha cámara funeraria feita con lousas de pedra cubertas por un monte de terra asegurado por unha couraza de cachotes. Estes enterramentos megalíticos son os coñecidos como mámoas, do latín mámula (peito de muller), medoñas ou antas. En Galicia temos máis de 4500.

Chegamos a Amoedo e xantamos no restaurante casa Besadio. Pola tarde completamos a traxecto que nos falta ata o inicio visitando o resto que nos queda por ver, incluído un foxo de lobo.

Apenas ten asfalto. Faise por camiños e pistas forestais, sen ningunha complicación.
Pazos De Borbén
N42.29941° W8.58401°
Pazos De Borbén
Pazos De Borbén
Pazos De Borbén
N42.29366° W8.54890°

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta