Descargar

Lonxitude

2,72 km

Desnivel positivo

92 m

Dificultade técnica

Moderado

Desnivel negativo

92 m

Altitud máxima

591 m

Trailrank

31 5

Altitud mínima

507 m

Tipo de ruta

Circular

Tempo

unha hora 42 minutos

Coordenadas

155

Fecha de subida

22 de abril de 2021

Fecha de realización

abril 2021
  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
Compartir
-
-
591 m
507 m
2,72 km

Vista 252 veces, descargada 5 veces

preto de Augasantas, Galicia (España)

Santa Mariña de Augas Santas é un lugar sorprendente: foi declarado Conxunto Histórico Artístico no 1963 e forma parte do percorrido da Vía da Prata, ao seu paso polo Concello de Allariz. En Santa Mariña mestúranse historia, tradición, lenda e unha fermosa paisaxe.
Foi asentamento de diferentes culturas que perduran no tempo; construcións galaico-romanas e medievais forman un verdadeiro conxunto arqueolóxico que deixará abraiado ou abraiada a quen realice este roteiro.
Waypoint

1. Igrexa Románica e Museo da Santa

Comeza o percorrido no centro da aldea de Santa Mariña de Augas Santas, onde se ubica a monumental Igrexa de fundación románica (séc. XII-XIII). No seu interior atópase o mausoleo no que, di a tradición, descansa o corpo da Mariña. Á súa beira está a Fonte da Santa, a Rectoral e a Capela de Santo Tomé co seu pozo.
Waypoint

2. Asento da Santa

Seguiremos pola corredoira enlousada que descende ata o asento da Santa, preto da inacabada Basílica medieval da Asunción e o Forno da Santa. Esta edificación foi declarada conxunto monumental no 1963 xunto ao Castro de Armea. Comezou a construirse a finais do séc. XIII, promovida pola orde templaria.
Waypoint

3. Basílica da Asunción e Forno da Santa

Debaixo da Basílica medieval da Asunción atópase a Cripta-forno da Santa que, xunto á Pedra Formosa, son restos dunha antiga sauna galaico-romana.
Waypoint

4. Penedo da Moura

Continuaremos pola canella pavimentada ata chegar ao colosal bolo granítico do Penedo da Moura, onde viraremos á dereita para abordar as Pioucas da Santa.
Waypoint

5. Pioucas da Santa

Virar á dereita para abordar as Pioucas da Santa, tradicionalmente, lugar de augas milagreiras. A súa orixe relaciónase, quizais, cun antigo lagar de viño ou aceite de época romana.
Waypoint

6. Cibdá de Armea e escavacións arqueolóxicas Finca da Atalaia

Xa dentro do recinto da cibda de Armea, se seguimos á nosa dereita por unha fermosa carballeira, chegaremos ata as ruínas galaico-romanas da Atalaia. Este terreo comezou a ser escavado na década dos 50 por Francisco Conde-Valvís. Desde o ano 2011, o Concello de Allariz e a Universidade de Vigo retomaron os traballos de escavación con campañas na tempada de verán. Na actualidade, podemos contemplar dúas grandes domus ou casas romanas, que se articulan arredor dunha rúa enlousada. As construcións están datadas dende o inicio do séc. I ao comezo do séc. III d.C.
Waypoint

7. Restos da calzada romana

Circunvalando a escavación, habemos atopar unha Calzada Romana (trátase dunha derivación da vía XVIII do itinerario de Antónino en dirección Lucus Augusti). Na Idade Media foi utilizada polos peregrinos que percorrían a vía da Prata cara a Compostela.
Waypoint

8. Xacemento romano do Monte do Señoriño

Se seguimos esa calzada cara á esquerda (dirección ao aparcadoiro da Armea), iremos dar ao xacemento arqueolóxico do Monte do Señoriño, descuberto polo veciño da Armea Manuel Losada. Está formado por rochas cortadas, escaleiras e muros, asociados a varias construcións arquitectónicas do séc. I d.C., que cumprían funcións, posiblemente, relacionadas coa vía que pasaba ao seu carón.
Waypoint

9. Petróglifo de Armea

Cara ao sur, acercarémonos á aldea da Armea, onde poderemos ver pechando un eido, un interesante petróglifo da Idade de Bronce, situado á beira do camiño. Continuaremos ata a fonte e neste punto, toma-remos unha corredoira cara ao leste, que nos mergullará nunha nova carballeira. Cruzarémola ata chegar ao cruzamento que, de novo, nos levará ao punto de partida.

1 comentario

  • Foto de Oscarlos

    Oscarlos 21 jul. 2021

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Muy buenas ruta y muy bien señalizada. Al llegar a la excavación, vimos como estaban realizando los trabajos de está. Manu, un muchacho muy amble nos explico todo sobre las ruinas descubiertas. Sin duda, vale la pena.

Si quieres, puedes o esta ruta