-
-
68 m
0 m
0
0,9
1,7
3,42 km

Vista 1065 veces, descargada 17 veces

preto de Dexo, Galicia (España)

Esta ruta permite combinar tramos de litoral costeiro con zonas interiores polo que o contraste de flora e fauna é importante dentro do espazo protexido da Costa de Dexo e Serantes (Monumento Natural).

No tramo costeiro domina a matogueira almofadada ou especies adaptadas a un litoral caracterizado polas acometidas do vento e as escarpas rochosas; destacando endemismos galaicos ou noroccidentais ibéricos coma a Armeria pubigera ou especies representativas coma o toxo (Ulex europaeus). Caracterízanse polos cantís, illotes coma A Marola ou furnas mariñas (formacións xeolóxicas formadas pola erosión conxunta do vento e a auga).
Cara o interior xa dominan as zonas boscosas.

O punto de partida é a igrexa de Dexo ou no Porto de Dexo. No transcurso da ruta atoparemos o muíño de Dexo, a caliña de Dexo (xunto ao porto) noutra época importante zona pesqueira, ou Punta da Roza na que atopamos unha furna (A furna do Ladrón) costeira. En xeral, afíncase nunha zona de especial beleza natural, con gran valor paisaxístico e ornitolóxico.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Esta ruta permite combinar tramos de litoral costero con zonas interiores por lo que el contraste de flora y fauna es importante dentro del espacio protegido de Costa de Dexo e Serantes (Monumento Natural).

En el tramo costero domina la matorral almohadillado o especies adaptadas a un litoral caracterizado por las acometidas del viento y los escarpes rocosos; destacando endemismos galaicos o noroccidentales ibéricos como la Armeria pubigera o especies representativas como el tojo (Ulex europaeus). Se caracterizan por los acantilados, islotes como A Marola o cuevas marinas - furnas (formaciones geológicas formadas por la erosión conjunta del viento y el agua).
Hacia el interior ya dominan las zonas boscosas.

El punto de partida es la iglesia de Dexo o en el Puerto de Dexo. En el transcurso de la ruta encontraremos el molino de Dexo, la cala de Dexo (junto al puerto) en otra época importante zona pesquera, o Punta da Roza en la que encontramos una cueva (A furna do Ladrón) costera. En general, se afinca en una zona de especial belleza natural, con gran valor paisajístico e ornitológico.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta