Coordenadas 142

Fecha de subida 29 de mayo de 2013

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
888 m
714 m
0
1,2
2,3
4,69 km

Vista 2569 veces, descargada 37 veces

preto de Baños, Galicia (España)

Iste roteiro parte de Cima de Vila e discurre por unha frondosa carballeira ate o castro de A Croa, dende o que ascende ao castro de Pena Maior dominando sobranceiro o Val do Limia e os cúmios da Serra do Xurés. Vexetación, patrimonio e paisaxe, mistúranse armoniosamente para ofrecer ao sendeirista un escenáreo perfecto onde desconectar e disfrutar da natureza.

Para situarnos no mundo Castrexo, teremos que imaxinar milleiros de poboados coroando os outeiros do noso país, protexidos por enormes muraias e foxos que agochan no seu interior casiñas teitadas con colmo; distribuídos pola actual Galicia, norte de Portugal e occidente asturiano, respondendo a un modelo xeoestratéxico que asentou definitivamente a poboación rural galega. Non é unha cultura uniforme e lineal rexida por unha xefatura ou organización estatal, senón que se trata dun fenómeno multicultural con abundantes sistemas políticos, divinidades, variedades lingüísticas e relacións comerciais en constante contacto con púnicos, celtas, íberos, gregos e fisterras atlánticos.

O MUNDO DOS CASTROS
Tras un longo proceso de xermolación, agroman nos séculos centrais do primeiro milenio a.n.e., multitude de pequenos castros que dominan a paisaxe galaica. A partir do século II a.n.e., artéllanse novos poboados cuxa estructuración semella planificada de antemán, son os grandes oppida ou cividades cun notable desenvolvemento urbanístico. Logo da conquista romana, castros e cividades cohexisten cos novos modelos de hábitat rural disperso e concentrado, villae e vici, ate ben avanzado o primeiro milenio.

A economía familiar baseábase no cultivo ceralístico e na horticultura; actividades que complementaban coa recoleción e almacenaxe de frutas e baias, a caza, a pesca e o pastoreo de ovicápridos, bóvidos, équidos e suídos. Outras importantes actividades castrexas serían: a produción textil, sobre todo de lá e liño; a mineiría, con predominio do ouro, estaño, bronce e ferro; a alfareiría, coa elaboración de excelentes olas decoradas; a canteiría, cun gran traballo da pedra e unha esquisitez na plástica; sen esquecernos de ferreiros, ouriveiros, curtidores, cesteiros...

Vexamos algunha pasaxe do que din as fontes clásicas dos castrexos Galaicos:
Avieno, Ora Marítima 98-102: “aquí hai un pobo de gran forza, de ánimo erguido, de eficaz habilidade, a todos lles domina a pasión polo comercio; e as súas barcas coñecen extensamente os axitados estreitos e cortan as augas do Océano cheo de monstros.
Estrabón, Geographia III, 6 e 7: “Son hábiles en emboscadas e exploracións sendo áxiles e capaces de saír de perigos... Toman as súas comidas sentados, facendo ao redor da perede bancos de pedra. A comida sérvese en xiro. Durante a bebida bailan en roda acompañados por flauta e corneta ou tamén facendo saltos e xenuflesións…”
Silio Itálico, Punica III, 350: “O descanso e o divertimento son un sacro pracer para os homes. A laboriosidade da muller fai o resto; bota a semente no rego e ara a terra co arado, estando inactivos os homes. Todo o que haxa que facer, non sendo a dura guerra, afróntao a esposa do home Galaico sen parar”
Floro, Epístome da historia de Roma II, 33, 50-51-52: “En terceiro lugar, a fortaleza de Aracelio resiste fortemente; pero, ao final, tivo lugar o acoso ao Monte Medulio, que se cercou cun foxo continuo de quince millas para conquistalo, avanzando o romano por todas as partes ao mesmo tempo. Logo de que os bárbaros visen que a fin lle chegaba, teimadamente, entre festas déronse morte con lume, espada e veleno, que alá a xente extrae dos teixos, e a meirande parte librouse da catividade,que lles parecía peor que a morte aos que ata ese momento non foran dominados”
Orosio, Historia V, 5, 12: “Mentres tanto Bruto, na Hispania Ulterior, derrotou a 60.000 galegos, que viñan para auxiliar aos Lusitanos, nunha batalla cruel e difícil, a pesar de que foron cercados por sorpresa, nesta batalla morreron 50.000, seis mil calcúlase que foron prendidos e moi poucos poideron escaparse”
Aldea da parroquia de Vilela e punto de partida do Roteiro Castrexo
Situada no comezo do roteiro e ao pé do cruceiro de Vilela
Tras a heroica resitencia dos Galaicos á invasión romana, a Cultura Castrexa sufríu certos cambios, desenvolvéndose grandes pupuli, á vez que os romanos vertebraban o territorio cunha ampla maia de vías de comunicación que facilitaban o control do mesmo. O Castro de A Croa, do populus Quaquernorum, coa súa estratéxica posición dominando a fértil veiga do Limia, experimentou un notable crecemento urbanístico na fase Galaico-Romana, coa creación de amplos espazos habitacionais artellados por rúas pavementadas. O seu sistema defensivo é practicamente impenetrable, con doble muraia pétrea, un impresionante foxo perimetral escavado na rocha e parapetos de terra polo nacente.
Pena Maior semella ser un castro dos inicios da Cultura Castrexa, ubicado nun prominente outeiro de doada defensa natural complementada cunha muraia simple. O seu reducido tamaño indica que puido albergar un pequeno grupo familiar coa proteción do castro como unidade suprema.
Aos castros están asociadas milleiros de lendas de Mouros e Mouras que nada ten que ver cos musulmáns, senón con seres mitolóxicos galaicos, tesouros, encantamentos...; ao Penedo do Mouro: “espetoulle unha couce un Mouro na Veiga das Maus e mandouno polo aire ate a ladeira de Pena Maior.” Entretanto, no castro de A Croa: asoállanse as Mouras ao sol e peitéanse con pentes de ouro”.

1 comentario

  • Aida Robles 30-ene-2018

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    Vistas impresionantes. El único inconveniente es que la primera parte de la ruta está tomada por la vegetación, principalmente toxos y silvas; lo que hace muy complicado seguir el sendero.

Si quieres, puedes o esta ruta