Descargar

Distancia

10,52 km

Desnivel positivo

363 m

Dificultade técnica

Moderado

Desnivel negativo

363 m

Altitud máxima

588 m

Trailrank

25

Altitud mínima

404 m

Trail type

Circular

Coordenadas

5724

Fecha de subida

4 de noviembre de 2022

Fecha de realización

octubre 2021

Seguimiento en Vivo

Deja que quien tú decidas sepa dónde te encuentras mientras sigues o grabas una ruta desde la app.

Pásate a Wikiloc Premium Pásate a Premium para eliminar los anuncios
Seguimiento en Vivo Seguimiento en Vivo
Compartir
-
-
588 m
404 m
10,52 km

Vista 48 veces, descargada 6 veces

preto de Corvillón, Galicia (España)

Saímos da Antiga Escola de Fontao polo denominado "Camiño dos Pequenos" ata cruzarnos coa pista que conduce ó pobo de Cobas do Río, xiraremos a esquerda e tras camiñar uns metros por dita estrada na chamada "Curva do Cancelo" colleremos a pista da Ponte Ermida, pasaremos o carón dunha das árbores senlleiras da zona "O Carballo do Ferreiro" e continuaremos de frente por un sendeiro que conduce a Magarelos, pero bastante antes, xiraremos a esquerda para descender ata o Río Arnoia, concretamente ata a denominada "Presa do Cholas".

Bordeando o Arnoia pola súa ribeira esquerda volveremos coller a pista que nos conducirá ata o pobo abandonada da Ponte Ermida. Cruzaremos esta aldea polo centro para logo coller un carreiro que nos levará ata o fondo pobo de Cobas do Río atravesando fermosos soutos e carballeiras.

Xiraremos a esquerda e posteriormente á dereita, para na chamada "Eira da Otilia" coller unha canella e enlazar co chamado "Camiño de Morgade", a dereita poderemos atopar o "Coto das Moás" un peculiar conxunto de penedos que non deixará indiferente a ninguén e dende o que se poden admirar unhas fermosas vistas do Val do Arnoia.

Cheraremos así un paraxe coñecido como "A Terra da Viña" no que xiraremos bruscamente a dereita para iniciar o descenso cara "A Fraga" onde poderemos gozar do manantial coñecido "A Fontela da Fraga", continuaremos ata chegar "A Ariña da Lera" e continuaremos de frente cara o pobo de Entrambosríos.

Cruzaremos o pobo de Entrambosríos e pasaremos ó cárón do forno comunal, tras o cal iniciaremos o ascenso ata a Antiga Escola de dito pobo, que deixaremos á man dereita. Seguidamente e unha vez pasada a escola, a man dereita, colleremos o "Camiño do Barreiro" que nos conducirá ás inmediacións do pobo de Lameiroquente.

Discorreremos polo centro de Lameiroquente en dirección á chamada "Casa do Paulino" para coller un camiño que nos conducirá directamente ó "Barrio da Torre" en Zarracós, continuaremos de frente e a continuación a esquerda atravesando a "Praza do Campo" e subindo cara ó campo da festa, continuaremos de frente deixando o Palco da Música a dereita e colleremos o chamado "Camiño do Vimbieiro", para seguidamente coller a esqueda nunha bifuración en forma de i grega, chegando así de novo a Fontao, o punto de inicio do roteiro.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta