Descargar

Distancia

8,89 km

Desnivel positivo

295 m

Dificultade técnica

Moderado

Desnivel negativo

295 m

Altitud máxima

618 m

Trailrank

29

Altitud mínima

405 m

Trail type

Circular
  • Foto de Roteiro Circular Lameiroquente
  • Foto de Roteiro Circular Lameiroquente
  • Foto de Roteiro Circular Lameiroquente
  • Foto de Roteiro Circular Lameiroquente

Tiempo en movimiento

unha hora 8 minutos

Tempo

2 horas 7 minutos

Coordenadas

1610

Fecha de subida

20 de noviembre de 2021

Fecha de realización

noviembre 2021

Envía a tu GPS

Descarga rutas de Wikiloc directamente a tu Garmin, Apple Watch o Suunto.

Pásate a Wikiloc Premium Pásate a Premium para eliminar los anuncios
Envía a tu GPS Envía a tu GPS
Sé el primero en aplaudir
Compartir
-
-
618 m
405 m
8,89 km

Vista 116 veces, descargada 4 veces

preto de Entrambosríos, Galicia (España)

Saimos dende a eira de mallar pobo de Lameiroquente e cruzamos a aldea en dirección á denominada Casa do Paulino para coller o Camiño da Ouladradia que nos conducirá directamente ó barrio da Torre no pobo de Zarracós.

Xa alí continuaremos recto para dirixirnos ó barrio do Campo, onde xiraremos á dereita cara o forno e así entroncar co “Atallo 2.0 do Roteiro da Broa” e ir ó barrio dos Trizos no que xiraremos a esquerda para coller a Canella da Igrexa. Unha vez que nos crucemos coa estrada de entrada a Zarracós xiraremos a dereita para ir ó chamado Cruce das Santas no que tocará ir cara a esquerda e transcorridos uns metros xirar a dereita para coller o Camiño de Candedo e máis adiante xirar a esquerda para dirixirnos ó Campo Grande.

Xa no Campo Grande, xunto ós fermosos penedos dos túmulos de pedras, iremos a dereita pola Verea Vella en dirección á Celanova, transcorridos uns douscentos metros colleremos un camiño a dereita que nos levará ó pobo do Xen de Arriba. Xa alí, despois de cruzar unha pequena parte do pobo colleremos a dereita en dirección á Fonte de Arriba, dende onde iniciaremos o ascenso cara o Piñeiral e a Fonte dos Ollos.

Acadado o cumio do Piñeiral iniciaremos o descenso cara o pobo de Olás por un fermoso camiño delimitado por valados que nos levará ata a chamada Pista de Tres Carreira, onde xiraremos a esquerda para chegar a Olás.

Xa alí e pasados os Apartamentos Turísticos dos Pulidos iremos esquerda ata atoparnos coa Igrexa Parroquial de Olás onde volveremos xirar a esquerda en dirección a Oxén de Arriba e transcorridos uns douscentos metros colleremos á dereita polo denominado Camiño Dos Mortos que nos levará ó Cruce do Curro en Vilariño.

Continuaremos descendendo pola estrada e o pasar a Casa Grande do Curro xiraremos á dereita en dirección á Fonte de Campos, onde xiraremos a esquerda para chegar ó pobo de Campos e unha vez alí xiraremos á dereita e cruzaremos a aldea para coller unha pista que nos levará a estrada Corvillón-Corredoira, cabe destacar que nesta pista a esquerda e dereita atoparemos un carballo e un piñeiro centenarios, dous exemplares dignos de admirar.

Despois de pecorrer uns poucos metros pola estrada colleremos a esquerda o denominado Camiño da Pereira que nos levará ata o barrio do Regueiro en Entrambosríos, bordearemos o pobo e cruzaremos o regueiro para dirixirnos cara a Capela do Carme, cruzaremos a fermosa praza na que se localiza e subiremos por xunto ó forno comunal do pobo, cruzaremos de novo a estrada Corvillón-Corredoira en dirección a Antiga Escola de Entrambosríos e pasada esta, uns cen metros, colleremos a dereita polo Camiño do Barreiro que nos conducirá ó punto de inicio, o pobo de Lameiroquente.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta