-
-
419 m
51 m
0
5,0
9,9
19,89 km

Vista 737 veces, descargada 22 veces

preto de Remoiño, Galicia (España)

Baseándonos na ruta que fixo Kiko castaño no mes de xuño de este ano, fixemos nós esta.
Iniciámola no lugar de Ramuiño dirixíndonos cara o Monte do Costado con unha subida de aproximadamente catro quilómetros.
Pasamos polo lugar de O Outeiro para a continuación chegar a San Xoán de Louredo, daquela atopámonos con outro lugar, Meréns, que nos introduce pola ladeira do Río Miño ata chegar ao Balneario Caldaria Arnoia.
No citado balneario, procedemos a darnos un baño relaxante con chorros nas piscinas termais. Logo imos ao comedor para xantar un suculento buffet, que nos da ánimos para poder continuar, todo incluído nun módico prezo de doce euros.
O regreso facémolo por un bonito carreiro existente e perfectamente coidado ao longo do citado río, que nos achega o inicio da ruta.
Pareceunos unha ruta digna de realizar, nós non puidemos apreciar todo o seu esplendor debido á gran cantidade de choiva que durante todo o traxecto da mañá acompañounos. Chuvascos con fortes refachos de vento que cederon pola tarde, o que nos deixou chegar secos ao coche.

Tempo en movemento: 5 horas catro minutos
Media movemento: 3,9 Km/h.
Canteira da "laxa do abade",lapela

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta