Coordenadas 2449

Fecha de subida 27 de octubre de 2015

Fecha de realización octubre 2015

-
-
456 m
17 m
0
6,5
13
25,89 km

Vista 926 veces, descargada 14 veces

preto de Peitieiros, Galicia (España)

Este luns fixemos esta ruta circular por Gondomar, baseándonos nas xa realizadas por esta zona.
O inicio facémolo no lugar de San Paio de Peitieiros, para a continuación dirixirnos cara a Gondomar, pasando por varios lugares, entre eles, A Fraga, A Torre, Os Remedios en cuxo lugar nos atopamos coa capela do mesmo nome. Dende aquí ata o lugar de de Portavedra, percorremos os montes de San Antoniño, onde temos unhas boas vistas da zona e tamén de Vigo e Baiona. Iniciamos a baixada que nos leva directamente a Mañufe, onde nos detemos para xantar na Churrasquería Expo, magnificamente atendidos con un menú do día moi completo e un prezo razoable.
Pola tarde quédannos uns sete quilómetros para chegar o inicio da ruta, facémolo baixo unha forte choiva. Pasamos polo centro de Gondomar e dirixímonos cara ao Río Miñor onde se atopan os Muíños da Serra. Dende aquí ata o final unha boa subida para terminar a ruta.

Temos de todo, carreiros en algunha parte bastante cubertos de maleza, camiños, pistas forestais e tamén asfalto, non moito, pero máis do que quereríamos.

Tempo en movemento: 6,06 h.
Media en movemento: 4,2 Km./h.
A parra na eira
Ameaza choiva
Arco da vella
Camiñando pola ruta
Capela dos Remedios
N42.11159° W8.77249°
Cruceiro en Mañufe
Gondomar ao fondo
Igrexa de Gondomar
Imaxe na entrada de Capela dos Remedios
Indicador dos Muínos da Serra
Menuda entrada
Na Capela dos Remedios
Un camiño na ruta
Unha pista na ruta

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta