Tempo  4 horas 34 minutos

Coordenadas 2285

Fecha de subida 28 de enero de 2017

Fecha de realización enero 2017

-
-
631 m
411 m
0
3,6
7,2
14,33 km

Vista 1271 veces, descargada 4 veces

preto de Corvillón, Galicia (España)

Lleva el mismo nombre que la asociación que se encargó de la recuperación y poner en valor la riqueza patrimonial, paisajística y natural del Concello de A Merca.
la Asociación A Broa de A Merca han hecho posible la primera ruta de senderismo por la zona sur del río Arnoia. Fenomenal trabajo.
Esta ruta recorre lugares singulares del Concello de A Merca, por caminos de carros, pasando por carballeiras y soutos centenarios. También por el pueblo abandonado de Ponte Ermida, la capilla do Carmo de Entreambosríos, los hórreos del pintoresco pueblo de Olás y Oxén.
Una parte del recorrido de este roteiro coincide con el camino real (O Real) también denominado Vera Vella lugar por el que transitaban los zapateros de Vilanova dos Infantes para comprar curtidos (cuero) en Allariz. En un pequeño tramo nos adentramos en tierras del concello de Allariz.
Fenomenal ruta de senderismo por entornos hermosos y vegetación mixta pero fundamentalmente de hoja caduca. Casi 15 kilómetros recomendables y perfectamente señalizados.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------
O roteiro ten unha lonxitude aproximada de 13,4 Km, con deseño circular. Saímos do bar Parroira e baixamos ata Fontao. Bordeamos a antiga escola, agora restaurada, e xiramos a dereita para seguir polo “camiño dos Pequenos” ata chegar a estrada asfaltada, descendendo uns metros e continuar a dereita na “curva do Cancelo” pola pista de terra. Chegamos ao “carballo do Ferreiro”, e no cruce seguiremos recto polo camiño de Magarelos, ata chegar a unha nova indicación que nos manda xirar a esquerda para descender polo “camiño do Poulo”, ata atoparnos co camiño que ven da Portela. Neste punto seguimos a esquerda descendendo ata chegar a carón do río Arnoia, na “presa do Cholas”. Continuamos pola marxe esquerda, deixando a nosa dereita os restos da presa, ponte e muíños en ruínas. Seguimos o camiño ancho e ascendemos ata o pobo abandonado da “Ponte Ermida” . Saímos atravesando un pequeno regueiro e continuamos a media ladeira por enriba da “presa do Cándido”, ata chegar a un desvío a esquerda para seguir polo “camiño do Cándido” ata a zona do “Castelo”. Continuamos polo camiño a dereita na zona da “Fonte Vella” ata chegar ao pobo de Covas do Río. Seguindo as indicacións chegamos a “aira da Otilia”, continuando pola canella que vemos en fronte para saír a un souto e continuar polo carreiro, ata a zona do “Covelo”. Seguimos a esquerda e ascendemos polo “camiño de Morgade” ata a zona das “hortas de Salpurido”, deixando ao noso paso a dereita os penedos chamados “o coto das Moás”. A dereita descendendo polo “camiño da Fraga” chegamos despois de baixar un pequeno zigzag ata a “fontela da Fraga”. Continuamos por esta fermosa paraxe colgados sobre o río Arnoia, chegando a divisar a nosa dereita o “Canal do Ruca” sobre a marxe dereita do río. Seguindo as indicacións atravesamos Entrambosríos, pasando a carón da capela, para saír de novo a estrada, e logo continuar polo camiño que en lixeiro ascenso nos leva ata Olás. Veremos unha indicación do roteiro debaixo da pista polideportiva. Chegamos de novo a estrada e xiramos a esquerda para antes da fonte subir a dereita, pola zona dos canastros ata ver de novo unha sinal que nos indica que seguiremos a esquerda, para ir dirección ”a fonte dos Ollos”. Podemos desviarnos uns metros a dereita para ver este famoso penedo ou seguir a nosa esquerda pola estrada uns 150 metros, para logo desviarnos a dereita baixando polo piñeiral ao pobo de Oxén. Seguimos a esquerda e sen desviarnos chegamos ao “Camiño Real”. No cruce, de novo a esquerda continuamos ata “o Campo Grande”. Avanzamos ata chegar a estrada da Rebola. Cruzamos e a 50 metros continuamos recto para seguir polo “Camiño Real” ata chegar de novo o Bar Parroira. Fonte: A Broa Senderismo

Ver más external

  • Foto de Capela do Carmo
  • Foto de Capela do Carmo
  • Foto de Fonte dos Ollos - Malladoiro
  • Foto de Ine e Fin Fontao-Cartel Roteiro
  • Foto de Ponte Ermida aldea abandonada
  • Foto de Ponte Ermida aldea abandonada
  • Foto de Ponte Ermida aldea abandonada
  • Foto de Ponte Ermida aldea abandonada
  • Foto de Ponte Ermida aldea abandonada

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta