-
-
291 m
146 m
0
3,1
6,2
12,42 km

Vista 217 veces, descargada 8 veces

preto de Portor, Galicia (España)

As loitas entre a nobreza e a Igrexa na Idade Media. As batallas de Ponte Maceira.
http://rutasdehistoria.com

A ruta de aproximadamente 11 km. comeza e termina no lugar de Ponte Maceira, situado na marxe esquerda do do río Tambre, o cal divide aos concellos de Ames e Negreira, polas parroquias de Portor e Agrón. A súa ponte medieval incluída no tramo da ruta xacobea cara a Fisterra, está formada cun tramo principal de cinco arcos feitos de sillería granítica e construída, segundo algúns autores, aproveitando os piares dunha ponte de época romana.

Este lugar foi un dos escenarios da chamada Batalla de Altamira en 1471, entre o señorío arcebispal de Fonseca II que gobernaba dende a Rocha Forte (Santiago) e a liñaxe dos Moscoso que exercían o seu poder dende as Torres de Altamira (Brión) para facerse co control das terras da Amaía. As tropas eclesiáticas acabaron derrotadas. Esta ponte é paso obrigado da ruta Xacobea cara a Fisterra e nun outeiro situado a 300 metros ao suroeste da ponte, está o castro de Piñor.

Camiñarase por unha pista de terra que atravesa terras de labor e un tramo de bosque ata chegar ata a agra da aldea de Suevos, (este topónimo que fai referencia a unha orixe xermánica só aparece 4 veces no nomenclátor de oficial de Galicia (en Mazaricos, A Baña, Arteixo e este de Ames) . Pouco despois chegarase á igrexa de Santa María de Trasmonte, de finais do século XVIII e con destacada torre de campanario.
Seguimos pola estrada cara á aldea de Carballo, que está a 1 km. Este tramo segue formando parte da ruta a Fisterra dende Santiago. Nos arredores desta aldea tivo lugar a parte máis importante e decisiva da Batalla de Altamira, no lugar denominado costa de Mar de Ovellas, entre as tropas do arcebispo Fonseca e as de Lope Sánchez de Moscoso, primeiro Conde de Altamira. Este lugar e percorrido por unha estrada con pendente moi pronunciada e que vén dende a ponte romana de Augepesada, lugar de paso tamén da ruta do Camiño de Santiago. Resultou derrotado Alonso II de Fonseca que fuxiu a Compostela.

Dende este punto baixaremos a aldea Portanxil, por un camiño entre bosque, e logo a Leboráns. Onde podemos ver o Pazo, que leva o nome da aldea. O Pazo é unha antiga mansión señorial defensiva do século XVIII de planta rectangular e cun brazo curto que vai a unha torre que parece ser máis antiga que o resto do edificio e que podería datar do século XVI.

Saíndo de Leboráns chegamos á fortaleza de Altamira camiñando 0.8 km. metros pola contorna do monte do castelo ata chegar á aldea da Torre. Lope Sánchez de Ulloa e Moscoso, foi o que provocou a coñecida como batalla de Altamira ao meterse a ocupar as torres despois da guerra irmandiña. Segundo o libro das Liñaxes de Daponte neste episodio houbo unha loita corpo a corpo entre Estevo de Xunqueiras (que estaba da parte do Arcebispo) e García Martiz, de parte do Moscoso. O de Moscoso fixo construír, pasando pouco tempo, unha torre con tres cubos en Altamira. Ao mesmo tempo loitaba co arcebispo por levantar as torres de Cira Mens e Vimianzo, esta última tomada por Fonseca.
Saída e chegada na ponte de Ponte Maceira

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta