-
-
139 m
1 m
0
1,5
2,9
5,83 km

Vista 2752 veces, descargada 20 veces

preto de Bueu, Galicia (España)

Roteiro con parte urbana e parte rural seguindo os pasos do pintor Urbano Lugrís na Vila de Bueu
  • Foto de Cruceiro da Igrexa
Posuía tres figuras a de Cristo, a da Virxe a a dun anxo que recollía o sangue. Ademais no mastro presenta os signos da Paixón. Actualmente dúas das figuras non existen.
  • Foto de Calvario de Bueu
É unha dos tres únicos calvarios (as tres cruces cos dous ladróns e Cristo) que existen en Galicia. Tivo unha historia moi azarosa.
  • Foto de Capela dos Santos Reis
Deseeñada polo pintor Urbano Lugris é unha obra moi orixinal na que podemos atopar unha decoración con motivos marítimos, extraños nun templo.
  • Foto de Pazo de Santa Cruz
Fundado por Fernando de La Rúa i Freire en 1659 recibe tamén o nome de "Quitapesares" pola fermosura das vistas que se poden contemplar dende el.
  • Foto de Capela de Santa Ifixenia
Fundada en 1671 en advocación á Santa Cruz. Nela celébrase unha festa en honra a Santa Ifixenia. A súa decoración é moi singular, destacando un gaiteiros na base dun púlpito exterior.
Un dos museos mariñeiros máis importantes do mundo. No seu interior poden contemplarse unha moi importante colección de pezas relacionadas coa pesca e a conserva, así como unha valiosa colección de libros nos que se inclúen varios incunables. Podemos observar varios cadros do pintor Urbano Lugrís.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta