Alverde
24 4 49

Coordenadas 234

Fecha de subida 8 de noviembre de 2010

-
-
415 m
256 m
0
3,1
6,1
12,21 km

Vista 1975 veces, descargada 35 veces

preto de San Román, Galicia (España)

O roteiro levanos a través dun val que forman dous regatos: o Boente e o Alverde. O inicio do percorrido atopamonos a igrexa de San Pedro de San Román; mais adiante podemos visitar o castro de San Román un dos mais grandes e mellor conservados da zona. Merece a pena recorrer unha derivación que nos leva a varios muiños e fervenzas.
Seguiremos hasta Vilardomonte e percorreremos despois un antigo camiño real medieval, achegaremonos hasta a mamoa de Alverde e mais adiante hasta o castro das Varelas. Pasaremos moy preto da casa natal de Mateo Segade Bugueiro e volveremos ó punto de inicio.

Accesos
Dende a estrada N-547, Santiago-Lugo, entre Melide e Arzúa a altura de Boente, collemos un ramal a San Román (2 km)

Preparativos
Consulta o tempo antes de iniciar a camiñata e leva a vestimenta axeitada. Non esquezas levar bebida, comida, movil e un pequeno botiquin. Antes de iniciar a rota informa a alguen da rota e da hora de chegada. Descarga o tríptico co mapa e do roteiro.
https://drive.google.com/file/d/0ByiuHTruJltYOTU4N2NhZGItMDRmNy00NTNmLWI1YjItZDc2OTRmOGYwY2Nl/view

Percorrido
O Casal, O Campo da Igrexa, O Castro, Cimadevila, O Fervedoiro, A Regada, Vilardomonte, O Ribeiro, Quintela, A Anxuela, Trixirexe, O Casal.

Nota: O camiño esta sinalizado.
Actualmente pasa por unha zona en obras pola autovia Lugo - Santiago. Non interrumpe o camiño pero rogase precaución.

Ver más external

Sitio arqueolóxico

Castro de San Román

É un dos castros mais grandes da comarca está ben conservado e é moi accesible, atopase a beira da pista. Mais información: http://asociacionalverde.blogspot.com/2011/11/o-castro-de-san-roman.html
Arquitectura religiosa

Iglesia de San Pedro de San Román

Igrexa de orixe románica, reconstruida nos anos 30 do S.XX. Fachada e espadana, 1918, de estilo barroco tardío e simple. A nave, 1933 aprox., foi reconstruida recordando en parte a sua predecesora románica, reutilizando as ventás, a cruz da cima do tellado, as basas do atrio... No seu interior destaca o artesonado e o confesionario de reminiscencias góticas. Mais informácion http://asociacionalverde.blogspot.com/2010/10/igrexa-de-san-roman.html
Edificio de interés

Hórreo de Campomaior

panoramica

Vista Panorámica

Edificio de interés

Muiño de O Fervedoiro

Foi o último muiño en funcionamento na parroquia. Hoxe en día está restaurado e bo estado de conservación, pero xa non traballa como muiño. Más información: http://asociacionalverde.blogspot.com/2012/04/muinos-e-outras-construccions-do-rio.html
Ruinas

Muiño Novo

Más información: http://asociacionalverde.blogspot.com/2012/04/muinos-e-outras-construccions-do-rio.html
Fervenza

Presa do muiño de O Fervedoiro

Ruinas

Muiño de Vilardomonte

Situado nun pasto no lugar de Revelle, á beira do rego Alverde. Mais información: http://asociacionalverde.blogspot.com/2012/04/muinos-e-outras-construccions-do-rio.html
fuente

Fonte de Vilardomonte

panoramica

Vista Panorámica

Waypoint

Camino Real Medieval

Tramo do antigo camiño real que unia A Coruña e Ourense. Para mais información: http://asociacionalverde.blogspot.com/2010/08/o-camino-dos-arrieiros-de-santiso-ou.html
Sitio arqueolóxico

Mamoa e carballeira de Alverde

Para saber máis das mamoas de San Román http://asociacionalverde.blogspot.com/search/label/mamoa
panoramica

Vista panoramica

Sitio arqueolóxico

Castro de Varelas

fuente

Fonte da Anxuela

fuente

Fonte Fontela

Edificio de interés

Casa natal de Mateo Segade Bugueiro

CASA NATAL DE MATEO SEGADE BUGUEIRO Mateo Segade Bugueiro (1605-1672) Naceu en Trixirexe e foi bautizado o 20 outubro del 1605 na igrexa de San Pedro de San Román, ainda neno trasladouse a vivir a Melide. Tomou beca de Colexial Mayor de Santa Cruz de Valladolid en dita universidade rexentou a catredra de Artes e na de Durango a de Sagrada Escritura. Foi despois Maxistral das Santas iglesias de Astorga e Primada de Toledo. O 10 de setembro de 1651 foi nomeado Arzobispo de México. O seu regreso de México cunha fortuna de cen mil ducados, mandou construir a Obra Pía de Santo Antón de Melide e o edificio que hoxe alberga ó concello, anteriormente residira nese solar. En Xuño de 1662 foi presentado para o Obispado de Cadiz e en Agosto do mesmo ano, non ben cumpridos os dous meses, diuselle o de Leon, que gobenou un solo ano. En outubro de 1663 promoveuselle ó obispado de Cartagena. Morreu en setembro de 1672 e esta sepultado na catedral de Cartaxena.
fuente

Fonte de A Picha

Edificio de interés

Horreo da Casa de Don Pedro

Este hórreo coñecido como Hórreo da Casa de Don Pedro é un dos máis antigos da Terra de Melide. Foi construído no ano 1808, como se pode ver na inscrición que figura no frontal do penal sobre a porta. Mais info: https://www.abeancos.gal/elemento/h%C3%B3rreo-de-san-rom%C3%A1n
Edificio de interés

Palleira con Pombal da casa de Pallares

fuente

Fonte do Casal

Fervenza

Fervenza de O Fervedoiro

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta