Coordenadas 112

Fecha de subida 23 de septiembre de 2012

-
-
350 m
255 m
0
1,5
3,1
6,17 km

Vista 2431 veces, descargada 21 veces

preto de Villar de Vaoas, Galicia (España)

Partiremos da área de lecer de A Ponte Nova, onde poderemos gozar dun excelente parque de merendas ao pé da praia fluvial do río Arnoia.
O percorrido comeza na marxe dereita do Arnoia, onde rochas e árbores mostran as pegadas do artista local José Domínguez. De seguida chegaremos á gran presa de A Balsada que, ao través da súa levada, alimenta unha sucesión de muíños hidráulicos que na actualidade están en absoluta ruína. Continuando pola beiriña do Arnoia chegaremos aos muíños de A Canal, que nos amosan a xiganteca dimensión que antano tivo no país Galego a elaboración tradicional do pan.
Deixando atrás os muíños, disfrutaremos do frondoso e aromático bosque de ribeira que forma o canón do río Arnoia para ascender progresivamente ao castro do Santo, lugar de senlleira beleza, cristianizado cunha capela que presenta na portada un monumental arco de media volta.
O percurso continúa a media ladeira sobre o río e, aproveitando as pistas da parcelaria, achéganos á pintoresca aldea de Sanguñedo, resistindo os derradeiros coletazos do mal xenérico que afecta ao rural da provincia de Ourense, a despoboación e incapacidade productiva.
Proseguiremos ata a igrexa parroquial de Vilar de Vacas, cun interesante conxunto etnográfico, e abordaremos o fermoso val onde se asentan as principais aldeas que forma a parroquia: Os Carballos, Vilar de Vacas e O Mato, con boas mostras de arquitectura tradicional e airas de canastros. Finalmente, descenderemos novamente ata o punto de partida, na área de lecer de A Ponte Nova.
Conxunto etnográfico de muíños tradicionais, coa súa presa de retención de augas e canle (levada) de alimentación.
Segundo conxunto de muíños do roteiro, aos que o paso do tempo e as crecidas do río van deteriorando progresivamente.
Asentamento fortificado ubicado nun potente esporón sobreo o río Arnoia, formando fortes escarpes que lle serven de defensa natural. O recinto fortificado, que se ubica no alto do cúmio a modo de acrópolis, ten unhas dimensións aproximadas de 100 metros no eixe leste-oeste e 225 metros no eixe norte-sur. O seu sistema defensivo está formado por unha muraia pétrea que circunvala o castro e un potente foxo na zona norte por ser a máis vulnerable. No interior atopáronse en tempos anacos de cerámica, muíños circulares e aparello pétreo irregular miúdo de construción. O xacemento está moi colmatado polos sedimentos naturais e moi cuberto de vexetación, feito que dificulta as labores de visualización.
Capela situada na falda sur do Monte do Santo, rodeada dunha fermosa carballeira e dun espazo de lecer. Posúe un vistosa portada de aparello irregular ben concertado cun arco de medio punto lixeiramente apuntado, de moi boa factura. O frontal presenta unha espadana con arco de medio punto peraltado coroado cunha cruz pétrea. O resto da estrutura da nave esta contruída con aparello de cachotería ben colocado que suxeita un teito a dúas augas.
Templo parroquial de Vilar de Vacas, ubicado nunha pequena penichaira, divisoria de augas entre o regato de Sanguñedo e o río Arnoia. A igrexa é de planta rectangular de unha soa nave, co presbiterio a maior altura e a cuberta a catro augas, rematada en pináculos nos bordes e en cruz na cima, do mesmo xeito que nos laterais da nave. Posúe unhos muros moi robustos, co emprego de aparello regular recibido con morteiro de cemento. Na fachada, posúe unha entrada moi sinxela cun pequno van para albergar un icono. A portada esta coroada cunha espadana de doble arco que sustenta un pequeno arco coroado con cruz e pináculos. O recinto parroquial está protexido cun muro pétreo coroado con cruces que alberga o cemitério.

3 comentarios

  • Foto de Una ruta cada día

    Una ruta cada día 02-oct-2015

    Boas, davidexordos! Canto tempo pode levar facer esta ruta, máis ou menos?

  • davidexordos 04-oct-2015

    Boas
    O roteiro é faciliño
    Tardase pouco máis de unha hora e media
    Saúdos

  • Foto de pacotepacote

    pacotepacote 29-oct-2018

    Boas. Intentámola ruta o 27/10/2018 e, despois da capela do Santo, no último tramo paralelo o río, o chegarmos os restos dunha construcción de pedra, atopamos o camiño completamente tapado pola maleza e tivemos que voltar atrás e buscar alternativas.

Si quieres, puedes o esta ruta